Noticias de Hoy
Fecha: 24/05/2014
Horario: 19:45

Coral Polífónica El Eco e Conxunto Vocal Lugh

Coral Polifónica El Eco
Dirección, Pedro Martínez Tapia

Fundada o 18 de decembro de 1881 polo mestre Pascual Veiga (autor do “Himno Galego”), é a Coral en activo máis antiga da Península Ibérica. Entre os seus numerosos premios e galardóns cabe destacar o de Órgano Oficial do Excmo. Concello de A Coruña, a Medalla de Prata da Cidade de A Coruña e a Medalla de Ouro en París e O Porto.

O seu repertorio abarca a polifonía a capella, relixiosa, profana, antiga, moderna, internacional, nacional e rexional. Acompañada de Orquestra ou Banda, interpretou óperas, operetas, zarzuelas, cantatas e oratorios. Participou nas tempadas de ópera de A Coruña, Vigo, Oviedo e Madrid. O seu repertorio operístico rexistra máis de trinta títulos ofrecidos en máis de duascentas representacións e actuou ás ordes de prestixiosas batutas nacionais e estranxeiras, compartindo cartel con figuras internacionais da lírica.

Conxunto Vocal Lugh
Dirección, Fernando G. Jácome

O Conxunto Vocal Lugh fundouse no seo da Asociación de Funcionarios da Xunta de Galicia de Lugo (XUNGALU) no ano 1999. E naceu cun obxectivo compartido por todos os seus integrantes: gozar cantando e mellorar, dentro das súas posibilidades, no exercicio desta actividade. Débelle o seu nome ao deus Lugh, deus celta que, segundo algúns estudosos, deu orixe á denominación romana Lucus Augusti e á actual Lugo. Dende a súa creación, este coro diríxeo Fernando Gómez Jácome.
No devir destes xa case 14 anos de existencia leva dados máis de cen concertos en lugares moi diversos de Lugo, da súa provincia e do resto de Galicia. E tamén conta con actuacións fóra do territorio galego: Ponferrada, Comillas (Cantabria), Oviedo, Madrid, Íscar (Valladolid), Ermua (Biscaia), Gijón e Turón (Asturias).
A pesares da humildade que caracteriza a este grupo coral, ten desenvolvido varios proxectos que lle axudaron a medrar como coro:
No ano 2005, en colaboración coa Coral Polifónica do Hospital Xeral-Calde de Lugo, preparou e cantou en numerosos lugares de Galicia, entre eles na catedral de Santiago de Compostela, a Misa para as Romerías Galegas; misa composta polo Pai Feijoo para coro mixto, dúas gaitas e órgano.
No ano 2006 puxo en escena a que se cre que é a primeira zarzuela escrita en galego: Non chores, Sabeliña, da que son autores os lugueses José trapero Pardo (libreto) e Gustavo Freire (música). Posteriormente, no ano 2009, gravou un CD coa música desta obra.
Tamén participou no ano 2009 no 140 aniversario da Banda Municipal de Lugo. Polas Festas do Corpus do ano 2010 estreou na catedral de Lugo a misa Sacramentun Caritatis, composta polo cóengo da citada catedral don José Molejón.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635