Conferencia en Lugo: Dereitos dos pacientes terminais na Comunidade Galega.
A Asociación de Alumnado do IV Ciclo Universitario no Campus de Lugo organiza esta conferencia que será impartida por dona Ascensión Cambrón Infante, Presidenta da Asociación Polo Dereito a unha Morte Digna de Galicia ( DMDG)
Falarase sobre a Lei 5/1015, de dereitos e garantías dos pacientes terminais, aprobada no Parlamento de Galicia por unanimidade, o 26 de xuño de 2015. Facendo especial fincapé no dereito a rexistrar o Documento de Instrucións previas, na posibilidade de rexeitamento terapéutico, de outros dereitos sanitarios xa recoñecidos noutras leis, como os dereitos a intimidade, a unha habitación individual, etc. etc., no marco da Sanidade Pública galega.