Concierto de Zoelas en Lugo.
Zoelas, un grupo de recente cración e inspiración tradicional/folk que mestura versións de pezas recollidas ou melodías tradicionais con propostas musicais orixinais de creación colectiva. O espectáculo que estamos a promocionar adáptase a diferentes espacios e mergúllase en distintos estilos musicais que dialogan co noso propio: a música de raíz galega.
Zoelas son cinco mulleres (Beatriz García, María Bouzas, Érica García, Pilar Naveira e Patricia Coucheiro) provintes da música tradiconal galega que, xunto con Michel Rivadulla (guitarra e acordeón), Bruno Villamor (requinta, zanfona e gaita) e Miguel Varela "Miki" (percusións), crean un espectáculo: "Tesmenteira", co que desfrutar xunto co público dunha experiencia distinta arredor da música de raíz.