Noticias de Hoy
proyecto mino
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 10/11/2019
Horario: 20:30

Concierto de Projecto Miño (20 Aniversario) en Lugo. Festival de Jazz 2019

Concierto de Projecto Miño (20 Aniversario) en Lugo. Festival de Jazz 2019.

Grande honor para o Festival de Jazz de Lugo acolle-la celebración do XX aniversario deste Projecto único e irrepetible, estreado en 1999 no Festival de Jazz de Guimaares

Baldo Martínez: contrabaixo, composición e dirección
Mónica de Nut: voz
Germán Díaz: zanfona.
Lucía Martínez: vibráfono e percusión
Chiaki Mawatari: tuba e serpentón
David Herrington: trompeta e fiscorno
Antonio Bravo: guitarras
Alejandro Pérez: saxos tenor e soprano, clarinetes
Pedro López: batería e outros instrumentos de percusión

«Una de las obras más emocionantes, ambiciosas, exuberantes e inteligentes que ha vivido nuestro jazz en mucho tiempo» (Pablo Sanz, El Mundo).

Nace por encargo a Baldo para o festival internacional Guimarães Jazz (Portugal), moi destacado nas correntes do jazz contemporáneo europeo e no que foi presentado en novembro do 1999. Regálanos composicións inspiradas nas tradicionais que xorden arredor do río Miño, na zona limítrofe entre Galicia e o norte de Portugal, traballadas coa linguaxe do jazz contemporáneo e postas en escena, por nove músicos, cunha variedade tímbrica sorprendente.

Moitos son os participantes en Projecto Miño estes vinte anos, todos posúen extenso currículo e destacan no panorama jazz internacional: a cantante portuguesa Maria Joâo, o tuba e trombón norteamericano Gregg Moore, o batería Tino Di Geraldo, a actual percusionista Lucía Martínez e, máis cara ao ámbito do folclore, os mestres da zanfona Valentín Clastrier, Germán Díaz, Marc Egea e Carlos Beceiro, membro fundador do grupo La Musgaña... Trala presentación en Guimarães, entra a formar parte de Projecto Miño a cantante galega Maite Dono; na actualidade incorpórase a tamén galega Mónica de Nut. Presentado en Alemaña na Trienal de Música europea de Colonia (Musik Triennale Köln, 2004) e no European Jazz Made in Spain de Munich, non se viviu en España ata o 2005 no Festival internacional Escena Contemporánea (Madrid, 2005) no que obtén un notable éxito segundo testemuñan a totalidade das críticas publicadas. Máis adiante, Projecto Miño seguiu subindo a escena en diversos festivais de España e Europa.

En outubro do 2007 publicouse o CD Projecto Miño e a revista francesa Jazz Magazine considerouno un dos dez mellores discos de xaneiro do 2008. No mesmo ano foi nomeado para mellor álbum de jazz nos Premios de la Música e declarado mellor disco pola revista Cuadernos de Jazz. Recomendado pola revista italiana Música Jazz no 2010 en calidade, igualmente, de disco entre os mellores.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635