Noticias de Hoy
milesios
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 06/10/2015
Horario: 21:00

Concierto de Milesios en las Fiestas de San Froilán 2015 de Lugo

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca mindoniense. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa.

Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011 e 2013, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque.

Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, son premiados no III Certamen "Folk en la Sierra - FIS 2012", ex aequo, con BOC, de Baleares e Menaya, de Soria.

Durante o presente ano están a realizar unha xira que denominan "Lume novo". Nesta xira están a presentar un repertorio que serve de preparación para o novo disco que contan con grabar a finais de ano, sen renunciar á interpretación dalgún dos temas xa incluídos no primeiro CD, "Alén mar", publicado en 2013.

Membros: Paula Veiga (Violín) Noelia Fersán (Gaitas) Manuel Mª Veiga (Baixo, guitarra, mandolina, bouzouki, acordeón, frautas, gaitas) Manuel do Moucheiro (Guitarra, bouzouki, voz) Senén Montero (Percusións, acordeón, voz) Marta Portela (Pandeireta, voz)

¡Programa completo de las fiestas de San Froilán 2015!