Noticias de Hoy
Imperial Jade
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 10/04/2016
Horario: 00:30

Concierto de Imperial Jade en Lugo

Concierto de Imperial Jade en Lugo.

Falamos de cinco músicos cataláns que, a pesar da súa xuventude (ningún pasa dos 22 anos), xa teñen unha firme e grande bagaxe pisando forte moitos escenarios. O quinteto naceu no 2012 co nome BLACKWAY e agora faise chamar IMPERIAL JADE. Tódolos integrantes posúen unha sólida formación musical, traballada na experiencia en directo e apoiada en estudos de música en diversas escolas. Isto faise notar, case palpar, ao escoitalos; a pesar do seu poderoso son, as súas guitarras soan limpas, co ritmo ben marcado e esa potente e prodixiosa voz do seu solista Arnau Ventura, ao estilo Robert Plant, ao que a banda completa acompaña nos coros. O xade imperial é unha pedra preciosa moi prezada, unha variedade de xade sen a penas imperfeccións; eles xa están pulidos pero dispostos sempre a brillar máis. Gabados tamén polos expertos de GravelRoud76, veñen presenta-lo seu primeiro álbum como Imperial Jade, editado polo selo discográfico Lengua Armada e chamado Please Welcome.