Concierto de Candorka Trío en Lugo.
Trátase dunha proposta contemporánea que abrangue do son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar as melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global.
CANDORKA TRÍO constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo.
FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica. Trátase dunha proposta contemporánea que abrangue do son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar a melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global.
Preséntasenos arroupado pola linguaxe pictórica de José Arias.
O resultado é un fluír e confluír expresivo que abre novos camiños e non deixa indiferente.