Noticias de Hoy
por tada Sociedad Filarmónica Lugo_Cartel 22 23_P
Fecha: 22/09/2022
Horario: 01:00 a 01:00

Concertos Sociedade Filarmónica de Lugo 2022

O vindeiro xoves, 22 de setembro, a Sociedade Filarmónica de Lugo dará comezo á que será a súa tempada de concertos número 76; tempadas que veñen sucedendo de forma ininterrumpida dende o ano 1947, alcanzando xa máis de 700 concertos cos máis recoñecidos músicos e agrupacións de todo o mundo. Once concertos programados de setembro a maio con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila traerán á nosa cidade a mellor música. 

Ábrese a tempada co concerto que ofrecerá o Cuarteto Quiroga, o cuarteto de corda máis internacional do noso país na actualidade. O programa xira entorno á conmemoración do 125 aniversario do pasamento de Johannes Brahms, sendo este o segundo concerto que completa a interpretación da integral dos cuartetos de Brahms xunto ao que pechou en maio a tempada anterior. O concerto será o xoves 22 de setembro, as 8 da tarde, no Círculo das Artes de Lugo.

Destaca a presenza, no ciclo de concertos, das tres grandes orquestras sinfónicas galegas: a Real Filharmonía de Galicia, con dúas datas (2 de decembro e 14 de abril), a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (4 de marzo) e a Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia que pechará o ciclo de concertos (3 de maio); así como da decana e máis prestixiosa das orquestras barrocas españolas, a Orquestra Barroca de Sevilla (OBS), que interpretará un programa conformado ao redor dos famosos Concertos de Brandeburgo de J. S. Bach (29 de outubro).

Tamén solistas de gran prestixio internacional intervendrán na tempada, tanto con orquestras como en recitáis: a violinista austríaca Birgit Kolar interpretará coa RFG o Concerto para violín de Beethoven (2 de decembro); o extraordinario violinista e violista ruso/húngaro Sergey Malov dirixirá e actuará como solista no Concerto para violín nº 1 de Mozart e o Concerto para violonchelo nº 2 de Haydn, neste último con un vilonchelo da Spalla do que é o máximo especialista a nivel mundial (4 de marzo); a violista navarra Isabel Villanueva  (Premio Ojo Crítico 2015) e o pianista francés François Dumont serán outros dos solistas destacados nun concerto a dúo (7 de febreiro).

O piano será o protagonista nun recital (10 de marzo) a cargo de Ilia Papoian, o derradeiro gañador do Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo. 

Terá tamén presencia a música de cámara en dúas datas moi especiais: o 5 de novembro o Tempus Trio, grupo moi novo multipremiado en varios concursos en Europa con un programa con tríos con piano de Beethoven e Schubert; e o 17 de xaneiro o Cuarteto Gerhard, un dos cuartetos de corda de referencia dos últimos anos que interpretará obras de Debussy e Shostakóvich.

Un lugar especial e sinalado terá na tempada o concerto protagonizado polo barítono Vicente Antequera xunto ao pianista Óscar Oliver (17 de decembro), cun programa de Lieder ao que dá título e cabeceira o Dichterliebe de Robert Schumann.

Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. As entradas para os concertos, para o público en xeral non socio, pódense retirar o mesmo día do concerto nas óficinas do Círculo das Artes. Hay tamén entradas a precio moi reducido para estudantes.

A Tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo conta co apoio e patrocinio da Área de cultura da Vicepresidencia primeira da Diputacíón Provincial e da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, ademáis da colaboración do diario El Progreso e Radio Lugo – Cadena SER. 

 

Sociedad Filarmónica Lugo_Cartel 22 23_P