Noticias de Hoy
Concierto solidario
Fecha: 26/06/2014
Horario: 23:30

Concerto solidario

O grupo de voluntarias de Lugo de Implicadas no Desenvolvemento organiza un concerto solidario que terá lugar mañá, xoves 26 de xuño, no Club Clavicémbalo de Lugo. O concerto comezará ás 22:30 e nel poderáse escoitar a bossa nova do grupo Jotinho's, a forza das voces de Branca Villares e Pepa Yáñez e o folk d'Os Minhotos. Con este concerto o grupo de voluntariado de Lugo pretende achegar información á poboación luguesa sobre a devandita ONG e recaudar fondos que irán destinados aos proxectos de cooperación nos que colabora Implicadas na India.

Implicadas No Desenvolvemento é unha ONG galega de cooperación ao desenvolvemento apartidaria e aconfesional fundada no ano 1998 que basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como base para o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas traballa a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto no grupo das mulleres, a través da eliminación das estruturas de opresión norte-sur e de xénero e a contribución a unha vida dignas para todas as persoas.

Implicadas entende a pobreza como un problema político e polo tanto traballa na sensibilización e busca participación da cidadanía galega. Esta participación prodúcese a través do voluntariado e do apoio a campañas internacionais. Implicadas é a única organización galega que forma parte do Cumio do Microcrédito. Pon en marcha proxectos de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur ata o momento na India e en Etiopía.

Web: www.implicadas.com