Noticias de Hoy
Vladimir Petrov
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 07/11/2018
Horario: 20:00

Concerto Sociedad Filarmónica de Lugo: Vladimir Petrov

Concerto Sociedad Filarmónica de Lugo: Vladimir Petrov.

De orixe rusa, radicado dende os tres anos de idade en México onde iniciou o que agora é unha brillante carreira pianística.

Ilustran a súa carreira os seus primeiros lugares nos concursos nacionais Parnassos, Frederick Chopin, Pearl River; os que conseguiu a unha idade temperá, entre os sete e os 10 anos de idade. Xa na súa adolescencia gañou os concursos Russian Music Competition en San Francisco, California;  Calidoscopio de Estrelas e Latar Shevchenko en Rusia; distinguíndose recentemente polo seu primeiro lugar no Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo.

O seu permanente ascenso musical permítelle ser invitado de afamados festivais en Rusia: Spivakov International Festival, Moscow Meets Friends, Contemporary Piano Faces Festival, Crescendo e Stars on Baikal de Denis Matsuev; Clear Lake Chamber Music Festival en Canadá; Frederick Chopin en Polonia, Centro Histórico na Cidade de México; destacando especialmente a súa participación no XIII Moscow Easter Festival coa Orquestra do Teatro Marinsky baixo a dirección de Valery Gergiev e os seus concertos coa Orquestra de Cámara Venia de Xenebra.

A súa actividade concertística inclúe aparicións na Gran Sala do Conservatorio de Moscova, o Teatro Bolshoi e o Teatro Marinsky en Rusia; a Sala Alfred Cortot en París; a Sala da Radio Romanesa en Bucarest; O Palacio de Belas Artes en México, o Teatro Degollado en Guadalaxara; presentando permanentemente concertos recitais en Alemaña, Francia, Estados Unidos de América, Malta, Holanda, Suíza, Canadá, Bielorrusia e Romanía.

Actualmente é bolseiro da Fundación Internacional Caritativa Spivakov e Novos Nomes de Moscova, sendo auspiciado polo presidente ruso Vladimir Putin, estudando no Conservatorio Tchaykovsky de Moscova coa gran pianista Eliso Virsaladze.