Concerto Los Afectos Diversos en Lugo, dentro del Festival de Música Cidade de Lugo 2018
Proxecto persoal do seu director Nacho Rodríguez, Los Afectos Diversos nace en 2010 cunha exitosa produción en Noruega das Vésperas de 1610 de Monteverdi. O seu obxectivo é ofrecer unha visión da polifonía renacentista e do primeiro barroco, tanto sacra como profana, baseada na aproximación expresiva a esta música por medio dun coidado traballo sobre o texto e a riqueza retórica implícita na música en si, nunha intensa busca da riqueza de cores e afectos inherente ao repertorio, xunto a un especial coidado pola aportación instrumental, tan importante no período e ás veces esquecida. Todo isto fuxindo por igual do frío academicismo e dos excesos ou gratuidades, tratando de combinar rigor e imaxinación. Obtéñense así unhas interpretacións intensas e directamente emotivas, plenas en profundidade e sen embargo frescas. Premio GEMA ao Mellor Grupo 2015 na categoría de Renacemento, presenta en decembro de 2016 unha gravación monográfica para o selo iTinerant Early en torno á figura de Juan Vásquez e á súa publicación profana de 1560, nunha nova edición dende os orixinais, que obtivo os premios da prensa especializada. Este traballo discográfico foi precedido por outro sobre os glosados de Cabezón e os seus modelos vocais, en colaboración coa teclista e arpista histórica Laura Puerto, e está pendente de próxima publicación unha nova gravación sobre a figura de Victoria.