O sábado 19 de marzo ás 20.00 horas terá lugar na Casa da Cultura de Burela un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.
No mesmo presentarán o seu terceiro álbum As Catedrais Silenciadas, quizais a obra que mellor reflicte a esencia do encontro de Xabier coas adufeiras e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade. Chega logo dunha extensa xira por máis de 13 países e 200 concertos e con él querese achegar un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica: a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo.
As Catedrais Silenciadas son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiranas. Un disco que está a cultivar os mellores datos históricos para o proxecto: tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e a entrada na sección Top of the World da prestixiosa revista Songlines (número de agosto-setembro de 2021) na que os editores escollen os 10 mellores discos de cada mes en todo o mundo.