Noticias de Hoy
coral ponteareas
Fecha: 28/12/2013
Horario: 20:00

Concerto de Fin de ano de música coral na Capela de Santa María

A Deputación de Lugo celebra un ano máis o seu Concerto de Fin de Ano, nesta ocasión a cargo da Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas. O evento será o día 28 de decembro a partires das 20:00 h. na Capela de Santa María e a entrada será libre e gratuíta, só limitada ó aforo.

O concerto incluirá unha ducia de composicións de música coral, a maioría das cales serán unha homenaxe a Rosalía de Castro no ano no que se conmemoraron os 150 da publicación de Cantares Gallegos. A escritora galega tivo un lugar destacado na programación que o Centro de Artesanía e Deseño puxo en marcha ó longo do ano, como Imaxinado Cantares Gallegos ou a exposición Terra e Papel.

Os poemas musicados de Rosalía que os integrantes desta agrupación interpretarán serán Como chove, Negra sombra ou Adiós ríos, adiós fontes. Os asistentes tamén poderán escoitar outras composición típicas das datas de Nadal, como Niño Divino ou Agarimo ó neno. Tamén haberá pezas de música sacra, como Cantate Deo.

A Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas é unha formacion musical fundada no ano 1965 e cuxa calidade queda sobradamente acreditada polo seu currículo, no que figuran actuacións en destacados escenarios, así como prestixiosos galardóns. Ten actuado no Monasterio de Montserrat xunto á famosa Escolanía de Montserrat, na Catedral de Madrid ou mesmo no Vaticano, onde foi convidada a actuar no Congreso Mundial de Mestres de Capela.  No se haber figuran distincións como as acadadas no Certame de Habaneras de Torrevieja; no Festival da Canción do Mar de Ferrol; o Concurso de Corales de Mieres ou os Concursos Nacionais de Corales celebrados en León e Barcelona.

A actividade do Centro de Artesanía continúa na época de Nadal, xa que continúan abertas as exposicións Máis Alá, con obras da artista lucense Dolores Guerrero, e unha mostra de traballos realizados polos profesionais do CENTRAD que ocupa a Sala de Exposicións do Pavillón 4 do Centro, situado na travesía da Rúa Chantada da capital luguesa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635