O Moto Club Valadouro informou de que a súa habitual concentarción de motos, que este ano chegará á súa XXV edición terá lugar entre o 6 e o 8 de maio de 2022 nesta localidade mariñá.">
1 XXV concentracion motos valadouro 2022
Fecha: 06/05/2022 a 08/05/2022
Horario: 01:00 a 01:00

Concentración de motos do Valadouro de 2022

O Moto Club Valadouro informou de que a súa habitual concentarción de motos, que este ano chegará á súa XXV edición terá lugar entre o 6 e o 8 de maio de 2022 nesta localidade mariñá.

A xornada do venres 6 comezará ás 21.00 coa apertura das inscricións que contará cunha cervexa de benvida, seguida da pinchada moteira que terá churrasco, tortillas, empanada, chourizo, pan e sobremesa. Acto seguido haberá un concerto a cargo do grupo Salvajex.

O sábado 7 ás 9.00 horas visitarase o mercado semanal da vila e ás 11 comezará unha pequena ruta moteira a que seguira un xantar no polideportivo. Pola tarde os nenos poderán desfrutar de inchables gratuítos e ademais haberá unha exhibición acrobática.

Xa pola noite, os participantes poderán desfrutar dunha cea e doutra exhibición acrobática, todo isto amenizado pola orquestra Garibaldi. Xa ás 00.00 fase a gran queimada popular e desfrutarase do baile coa Discoteca Móvil e de novo a orquestra Garibaldi.

O domingo día 8 comezará cun almorzo para repoñer forzas e unha ruta turística, para despois desfrutar dun xantar de despedida no polideportivo.

Ademais, haberá trofeos e sorteos de agasallos para os motoclubs máis numerosos, aos pilotos máis lonxanos, o máis veterano, a bandeira máis orixinal e a Miss ou Mister concetración.

Para poder participar haberá que inscribirse por un prezo de 35 euros para todas as xornadas ou de 25 para media xornada. As inscricións antes do 2 de maio terán un prezo de 30 euros.

Estas inclúen camiseta, pin, mochila, pegatina, cervexa de benvida, pinchada do venres, xantar e cea do sábado, queimada, almorzo do domingo, pinchos en ruta, xantar do dominfo, pavillón gratuíto con duchas e os sorteos.

A organización lembra que haberá unha capra instalada no parque Concepción Arenal. Para máis información haberá que poñerse en contacto nos teléfonos 617 290 629 ou 637 523 636.

XXV concentracion motos valadouro 2022