O Moto Club Valadouro informou de que a súa habitual concentarción de motos, que este ano chegará á súa XXV edición terá lugar entre o 6 e o 8 de maio de 2022 nesta localidade mariñá.
A xornada do venres 6 comezará ás 21.00 coa apertura das inscricións que contará cunha cervexa de benvida, seguida da pinchada moteira que terá churrasco, tortillas, empanada, chourizo, pan e sobremesa. Acto seguido haberá un concerto a cargo do grupo Salvajex.
O sábado 7 ás 9.00 horas visitarase o mercado semanal da vila e ás 11 comezará unha pequena ruta moteira a que seguira un xantar no polideportivo. Pola tarde os nenos poderán desfrutar de inchables gratuítos e ademais haberá unha exhibición acrobática.
Xa pola noite, os participantes poderán desfrutar dunha cea e doutra exhibición acrobática, todo isto amenizado pola orquestra Garibaldi. Xa ás 00.00 fase a gran queimada popular e desfrutarase do baile coa Discoteca Móvil e de novo a orquestra Garibaldi.
O domingo día 8 comezará cun almorzo para repoñer forzas e unha ruta turística, para despois desfrutar dun xantar de despedida no polideportivo.
Ademais, haberá trofeos e sorteos de agasallos para os motoclubs máis numerosos, aos pilotos máis lonxanos, o máis veterano, a bandeira máis orixinal e a Miss ou Mister concetración.
Para poder participar haberá que inscribirse por un prezo de 35 euros para todas as xornadas ou de 25 para media xornada. As inscricións antes do 2 de maio terán un prezo de 30 euros.
Estas inclúen camiseta, pin, mochila, pegatina, cervexa de benvida, pinchada do venres, xantar e cea do sábado, queimada, almorzo do domingo, pinchos en ruta, xantar do dominfo, pavillón gratuíto con duchas e os sorteos.
A organización lembra que haberá unha capra instalada no parque Concepción Arenal. Para máis información haberá que poñerse en contacto nos teléfonos 617 290 629 ou 637 523 636.