O sábado 15 de setembro, no anexo ao Pazo dos Deportes, celebrase a XV Edición do Clinic Lugo é basket, no que participará o adestrador nacional, Jota Cuspinera. Este profesional conta con gran experiencia como axudante e primeiro adestrador en liga ACB. Froito desa experiencia xorde a idea de titular o clinic: As Tarefas do Adestrador, no que explicará aos asistentes as roles dun adestrador de baloncesto: Formación, Rendemento, Análise/Scouting e Workout ou traballo individual. Todos os interesados poden anotarse en ajsc_lugo@hotmail.com.
A actividade estará orientada á base do baloncesto, pero co obxectivo de achegarse tamén aos adestradores profesionais a través dun completo programa que comanda o propio Cuspinera conxugando formación e debate e repartíndose do seguinte xeito:
XV Clínic “Lugo é Basket – Hierros Ferreiro (15/09/18)
10:30 h - Presentación e entrega de material.
10:45 h - Formación: xogo co poste baixo.
12:30 h - Rendemento: sistemas para xogar co poste baixo.
14:00 h - Xantar.
16:00 h - Análise: elaboración dun scouting de equipo.
17:45 h - Workout: traballo de tiro en postemporada.
19:15 h - Conclusións.
A asistencia á totalidade do clínic poderá validarse por oito horas de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto.