Online. Do 5 ao 16 de xaneiro.
A área de Xuventude, que dirixe Ana G. Abelleira, ofrecerá en aberto as clases de cociña, tanto universitaria, como do mundo e de nadal, enmarcadas na programación de mocidade activa dos últimos meses do ano.
Estas xornadas culinarias estaba previsto levalas a cabo telematicamente e con inscrición, decindíndose ofrecelas en aberto para chegar a toda a mocidade con inquietudes do mundo da cociña ou a rapaces e rapazas que buscan aprender, no seu tempo de lecer, novas habilidades.
Transmitirase a través da conta de Facebook e Instagram de Xuventude de Lugo, tendo en conta os seguintes horarios:
- Cociñas do mundo: sábados, ás 11:00 horas, dende o 5 de decembro ata o 16 de xaneiro
- Cociña universitaria: mércores 9 e mércores 16 de decembro ás 18:15 horas
- Cociña de nadal: mércores 23 e mércores 30 de decembro e luns 4 de xaneiro ás 18:15 horas