Clase maxistral e concerto de Hanneke Cassel & Mike Block
Ás 18:00 horas - CLASE MAXISTRAL
A Universidade de Santiago no Campus de Lugo en colaboración coa asociación cultural GALICIA FIDDLE
Martes, 19 de novembro de 2013 na CASA DO SABER(Vicerreitoría de Coordinación)
Ás 18:00 h CLASE MAXISTRAL
Actividade didáctica para estudantes de corda de grao elemental e medio
A cargo de HANNEKE CASSEL & MIKE BLOCK (violín e violonchelo)
Inscrición gratuíta. Prazas limitadas
Ás 20:00 horas - CONCERTO
HANNEKE CASSEL & MIKE BLOCK (violín e violonchelo)
Entrada gratuíta ata completar aforo
Hanneke Cassel (fiddle) e Mike Block (violonchelo/voz) fan música xuntos desde 2007 e presentan un espectáculo variado e emocionante con música tradicional e orixinal baseada na tradición celta na americana e en antecedentes clásicos.
Hanneke Cassel foi ganadora do National Scottish Fiddle , EE.UU. 1997. É licenciada en interpretación musical polo Berklee College of Music de Boston, e ten actuado e ensinado por toda América do Norte, Europa, Nova Zelanda, Australia e China. Ademais da súa faceta como solista, Hanneke participa regularmente nas xiras de Baroque / Celtic group Ensemble Galilei e ten actuado tamén coa Cathie Ryan Band, Cherish the Ladies, Alasdair Fraser e Matt Glaser e os Wayfaring Strangers.
Mike Block é un violonchelista innovador multi-estilo, compositor e pedagogo que vive en Boston. Mentres estudaba na Juilliard School de Nova York, Mike formou parte da Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma e participou no Appalachia Waltz Trio Mark O’Connor, no que tocou máis de tres anos. Mike tamén realizou xiras coa Darol Anger República Popular Strings and The Knights orchestra.
Hanneke e Mike crean sons de vangarda da música acústica, mantendo a integridade e a alma da tradición escocesa.
As inscricións e reserva de prazas poden facerse en galiciafiddle.com
Máis información no teléfono 639 744 221