Baixo o título de "Territorio Clima Arquitectura. ¿Un futuro inevitable?" celebrarase unha charla-coloquio aberta ao público en xeral, organizada polos arquitectos participantes na Convocatoria do COAG LUGO con motivo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, xunto á Comisión de Arquitectura e Territorio deste delegación.
A mesa estará formada polos tres compañeiros que tratarán diferentes posibilidades e dificultades para realizar Arquitectura Sustentable, xunto con tres profesionais de distintas disciplinas que achegarán temas e opinións desde ópticas distintas; dando lugar á posterior intervención dos asistentes.
Celebrarase o Xoves 25 de Febreiro ás 20:00h no salón de actos da delegación de Lugo do COAG.
Convídase e anima á participación de todos, coa finalidade de trasladar unha visión tanto máis rica canto máis ampla e heteroxénea sobre un tema que nos preocupa a todos.
-Arquitectos participantes e temas a expoñer:
Anxo Sánchez González. Un futuro certo/incerto. O estándar passivhaus
Santiago Catalán Tobía. O ámbito académico. Dificultades do arquitecto para o desenvolvemento da arquitectura.
Paul Van der Mel. Rehabilitación de arquitectura popular anónima como arquitectura sustentable.
-Participantes invitados:
Adela Figueroa. Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía. Máster en Educación ambiental. Ex-presidenta de ADEGA
Jorge de Viveiro. Profesor de literatura. Escritor, articulista e conferenciante. Cofundador de "Vos Verdes"
Manuel Guaita. Enxeñeiro Agrónomo. Catedrático da USC. Director de PEMADE e do Máster en Enxeñería da Madeira Estrutural.