Vello Cárcere, Lugo.
A programación do Arde Lvcvs Cvltvral, que comezou o pasado mes de setembro con actividades adaptadas ao novo escenario provocado pola covid-19, e respectando as restricións sanitarias de cada momento, ofrece este venres, 30 de outubro, no Vello Cárcere unha conferencia.
Trátase dunha charla enmarcada no ciclo que organiza o Concello de Lugo xunto á Cohors III Lucensium, e que terá lugar os días 30 de cada mes ata decembro, ás 20:00 horas, nas instalacións do Vello Cárcere.
Este venres, o cadeirádego emérito e profesor investigador ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rodríguez Colmenero falará sobre o faro romano de Birgantium Flavium e a súa relación coa ciade de Lucus Augusti.
A entrada é libre e o aforo estará limitado a 29 prazas que se cubrirán por orde de chegada.