Decimoterceiro Certame de Pintura rápida ó aire libre "Cidade de Lugo", que se vai celebrar o domingo día 14 de xullo.
Se trata dun certame xa consolidado, tanto pola súa permanencia no tempo como polo número de artistas e a calidade das obras que participan nel.
O ano pasado houbo 51 participantes procedentes de distintos puntos de Galicia e de outros lugares de España como Segovia, Alacante, Madrid ou o Pais Vasco.
A Concellería ten a intención de organizar unha exposición coas distintas obras premiadas durante a historia deste certame.
Neste certame poden participar todos os artistas que o desexen cunha única obra que non poderçan asinar ata o momento non que se coñeza o ditame do xurado. As bases establecen que o estilo e a técnica serán libres e a temática xirará en torno á cidade de Lugo. Os artistan poderán pintar calquera estampa de Lugo dentro do recinto amurallado e no adarve da Muralla.
As inscricións faranse ese mesmo día na Concellería de Cultura e as obras deberán estar terminadas ás cinco da tarde.
O fallo do xurado coñecerase ás seis da tarde.
O importe total dos distintos premios que se entregarán é de 4.450 euros distribuídos deste xeito: un 1º premio dotado con 1.000 euros, o 2º con 700 e o 3º con 500. Establécese, ademais, un premio especial ó artista local, nacido ou residente en Lugo, que non será compatible coa obtención de outro galardón e tamén se concederán seis accesit por importe de 300 euros.
As obras participantes neste Certame serán expostas no Concello do 15 ó 19 de xullo.