Noticias de Hoy
Captura de pantalla 2021-08-06 a las 14.06.11
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 16/09/2021 a 18/09/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Caudal Fest 2021

Caudal Fest regresa en setembro ao Pazo de Feiras e Congresos, cun formato diferente de mesas e sillas, aforo para 2.500 persoas, nun recinto como ben sabedes con moita mais capacidade, pero a finalidade é a de garantir a máxima seguridade ao mesmo tempo que revitalizar os sectores cultural, hostaleiro e de ocio achegando á nosa cidade actuacións de grandes artistas do panorama internacional, nacional e galego” así o anunciaba a alcaldesa de Lugo este venres.

O Concello volve apostar por esta cita cultural, xa de referencia en Galicia, para que Lugo se sitúe no mapa dos festivais urbanos e para impulsar unha festividade vinculada co desenvolvemento sostible do medio ambiente. Como novidade nesta edición marcada pola Covid-19, os asistentes dispoñerán dunha aplicación móbil para pedir nas barras do festival desde o asento co obxectivo de evitar as colas. Todo o recinto contará, ademais, con  dispensadores de xel  hidroalcohólico, tanto en zonas de público como en zonas de traballo.  Entre as medidas articuladas destacan, ademais, o uso obrigatorio de máscaras, entradas nominativas, circulación organizada e sinalizada en todo o recinto, carrís separados de acceso e saída, control da distancia de seguridade, instalacións de puntos de desinfección de mans, amplos espazos para garantir distanciamento social, asistentes para a organización do público e desinfección continua de sillas, mesas, barras, baños e zonas de traballadores e público.

Durante os días 16, 17 e 18 de setembro, o Caudal Fest ofrecerá a posibilidade de gozar dun cartel que conta con Love of Lesbian, unha das bandas máis importantes que andan a xirar este ano, presentando o seu último traballo “V.E.H.N. (Viaje épico hacia la nada)”; a increíble Nathy Peluso, unha das artistas do momento; La M.O.D.A., que tralo seu último paso polo festival, namoráronse de Lugo e non dubidaron en voltar; Bad Gyal, a reina do dancehall, que por fin estará connosco no festival; Iván Ferreiro, co seu concerto especial de longa duración da xira Cuentos y Canciones (2004-2021); Sen Senra, o artista galego con máis proxección do momento, con dos poucos concertos deste verán; os vascos Shinova; o gran Kutxi Romero de Marea; os festeiros Ladilla Rusa e o local David Prado representando a música lucense.

Venda de entradas

As entradas para o festival sairán á venda o mércores 18 de agosto ás 12:00 h, serán entradas por dia. A canle oficial para mercar as entradas é a web do evento: www.caudalfest.es.

 

Programación

Xoves 16 de setembro

Love of Lesbian: grupo español de indie rock e indie pop e unha das bandas máis importantes que andan a xirar este ano, presentando o seu último traballo “V.E.H.N. (Viaje épico hacia la nada)”.

Iván Ferreiro: “Contos e Cancións é unha viaxe íntima e desordenada a través da carreira musical de Iván Ferreiro. A base de historias, versións e por suposto as súas cancións, apoiado nunha instalación audiovisual e nun repertorio especial e inesperado, Iván percorre a súa biografía e explica como naceron algunhas cancións nun formato entre o concerto e o “storyteller”.

David Prado: ‘En busca de mi maleta’ producido por Arturo Vaqueiro en Estudos  Abrigueiro. Decide que é ao que se quere dedicar para sempre, dando un paso máis, gravando o traballo que lle deu máis alegrías ata o día de hoxe: o seu  EP  Imagıńate. Agora chega o momento de recompilar todo o aprendido en 10 cancións nun ‘Viaje Perfecto’, o título do seu novo disco.

Venres 17 de setembro

La M.O.D.A.: agora, un ano despois, regresan co seu novo disco de estudo “Ninguna ola” (11 decembro 2020), producido por  Raül  Refree e do que xa presentaron os seus dous primeiros singles, “La vuelta” e “Conduciendo y llorando”. Un traballo  autoeditado no que a banda debuxa novos horizontes musicais sen perder a identidade que, segundo crítica e público, levoulles a facerse un oco no panorama da música nacional dos novos tempos.

Sen Senra: Christian Senra, coñecido artisticamente como  Sen Senra (Vigo, España; 1995) é un músico galego de garaxe e estilos achegados. ​ Desde que publicou “Sensaciones” non parou de crecer ata converterse nunha das figuras máis relevantes do pop español actual​.

Shinova: banda de rock alternativo española originaria de Bérriz. Han publicado seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión”(2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014) , “Volver” (2016) y "Cartas de navegación" (2018) y "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi”-que deriva en  shi- e a palabra“ nova”, significando isto “nova enerxía”.

Toundra: é unha banda formada en 2007 en Madrid por catro amigos procedentes da escena post hardcore. Englóbanse dentro del post rock de carácter instrumental, con parecido a bandas como Isis, Explosions in the Sky e Mogwai.

Sábado 18 de setembro

Nathy Peluso: figura clave da vangarda musical latinoamericana, acaba de presentar o seu esperado novo álbum, ‘Calambre’. Este traballo serve para desenvolver o seu rico universo musical, no que coexisten a súa espectacular reinterpretación do  hip- hop e o  neo soul dos 2000, a intensa influencia da música popular latinoamericana e o seu  poderío como artista vocal, capaz de transmitir toda unha gama de sensacións coma se fósemos os asistentes a unha función teatral.

Bad Gyal: artista, produtora,  DJ e compositora española. A súa música foi catalogada como unha fusión de xéneros, como o  dancehall e o  trap.​Iniciou a súa carreira en 2016 ao subir unha versión en catalán da canción « Work» de  Rihanna, titulada « Pai».

Kutxi Romero: músico español de rock, vocalista e compositor do grupo navarro Marea.

Ladilla Rusa: un grupo de  electro-pop que nace en 2017 como unha broma entre dous amigos de toda a vida: os xornalistas Tania Lozano e Víctor  F.  Clares. Desde entón, e sempre co humor e a festa como bandeira, o grupo popularizou cancións como Bebo (de bar en peor), Criando  Malvas, Princesas ou os que son xa case himnos de verbena: Macaulay  Culkin ou  KITT e os coches do pasado, cos que conseguiron millóns de reproducións nas redes sociais.

CF21-Header-FB