Programa Carnaval Lugo 2020 // Programa Entroido Lugo 2020.
El Carnaval 2020 que se celebrará del 21 al 26 de febrero, repartirá muchos premios a los mejores disfraces en un concurso infantil y otro de adultos.
La programación contará con Feria de productos típicos en la Plaza Anxo Fernández Gómez, música en las calles y plazas, concurso de ferretes y desfile de disfraces desde la Plaza de la Soledad hasta la Plaza Mayor, con interesantes premios para adultos y niños.
PROGRAMA del 21 al 26 de febrero de 2020.
Previos ao Entroido
Martes, 18 de febreiro de 2020 – Organiza A Tradescola
- 16.30 H. Charla a cargo da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao “COÑECE O ENTROIDO RIBEIRAO” na Tradescola, rúa Pintor Corredoira, núm. 4.
- 18.00 H. Desde a Tradescola á praza Maior, Folión de Entroido, coa participación de integrantes do Entroido Ribeirao.
Xoves, 20 de febreiro de 2020 – Organiza a Asociación Cultural Pepe Barreiro.
- 20.00 H. Charla – coloquio a cargo de Germán Barreiro González “PEPE BARREIRO E O ENTROIDO” no Vello Cárcere.
Venres, 21 de febreiro de 2020
- De 9.00 a 14.00 H. Mercado Tradicional de Entroido no Mercado e Praza de Abastos, amenizado pola murga OS VIRTUOSOS DO TINTO.
- 20.00 H. Na Casa do Concello, pregón de Entroido por Alberte Cabarcos.
- 20.30 H. No Campo Castelo, San Pedro, praza Mártires de Carral, rúa do Progreso, rúa San Marcos, Ruanova, praza do Campo, rinconada do Miño e resto do recinto histórico, actuación das charangas TAMBUKADA e ARS NOVA.
- 20.45 H. No fondo da praza Maior, Entroido escénico “QUERETE” da COMPAÑÍA DE TEATRO DOWN LUGO E CIA.
Sábado, 22 de febreiro de 2020
- De 10.00 a 14.00 H. Degustación de produtos tradicionais de Entroido no Mercado e Praza de Abastos, amenizado pola murga OS VIRTUOSOS DO TINTO.
- 10.00 H a 20.00 H. “CARREIRA DE TRONOS, ESCAPE ROOM EXTERIOR”. Inscricións no 010. De 4 a 9 participantes por quenda. Os menores deberán ir acompañados dun adulto. Quendas dende as 10.00 ata as 15.00 H. Premio á mellor caracterización de grupo. Festa de remate o domingo ás 20.00 H na Praza de Abastos.
- 12:30 H. Espectáculo itinerante de rúa para público familiar “HAKUNA MATATA”. Dende a praza San Marcos ata a praza Maior.
- 13.00 H. Polo Mercado Municipal, praza da Soidade, Ruanova, rúa Tinería, rúa do Miño, praza do Campo e de novo Ruanova, actuación da murga OS VIRTUOSOS DO TINTO.
- 13.00 H. No fondo da praza Maior, Entroido escénico “EU NON QUERO MÁIS QUE UNHA MAN, UNHA MAN FERIDA SE É POSIBLE” a cargo do grupo Palimocos e Cía.
- 17.00 H. Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile, que presidirá a charanga VK PINTA.Discorrerá polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e rematará na praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello, antes das 14.30 horas do venres, día 21 de febreiro. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa cultura da nosa cidade.
INDIVIDUAL:
- 1º premio: 2 vales por importe de 100,00 €
- 2º premio: 2 vales por importe de 75,00 €
- 3º premio: 2 vales por importe de 50,00 €
PARELLAS:
- 1º premio: 2 vales por importe de 150,00 €
- 2º premio: 2 vales por importe de 120,00 €
- 3º premio: 2 vales por importe de 90,00 €
COMPARSAS:
- 1º premio: 2 vales por importe de 225,00 €
- 2º premio: 2 vales por importe de 175,00 €
- 3º premio: 2 vales por importe de 140,00 €
Os premios entréganse en vales que sumarán entre os dous o importe total do premio:
- un por lote de libros (que pode incluír material escolar ou de papelería)
- outro para actividades de ocio e tempo libre.
Terán unha validez de tres meses, contados a partir do día do concurso, 22 de febreiro de 2020. Deberán ser empregados nun só establecemento, non poden fraccionarse. Durante a deliberación do xurado, haberá un espectáculo de clown e malabares para toda a familia “Isla Le Triska”.
- 20:00 H. Pola ronda das Fontiñas, actuación da charanga VK PINTA.
- 20:30 H. Saída do fondo da praza Maior, Entroido escénico “UNS PICAN E OUTROS NON”a cargo da comparsa do grupo Achádego Teatro . Polas rúas do centro, actuación da charanga TERRA CHÁ.
No Campo Castelo, San Pedro e praza Mártires de Carral, actuación da charanga UNIÓN PHENOSA.
- 23:00 H. Na praza da Soidade, música, sesión DJ con DUB MONO HIFI SOUNDSYSTEM & HELENOISE OUTTA UDOG.
Domingo, 23 de febreiro de 2020
- 13.00 H. Polo recinto histórico, actuación do grupo tradicional CAIVANCA. No barrio da Ponte, ata o desvío estrada Portomarín, actuación do grupo tradicional SON DE LUGH.
- 20.00 H. Festa de remate “CARREIRA DE TRONOS, ESCAPE ROOM EXTERIOR”.
- 20.30 H. Polo recinto histórico, actuación da charanga AMIGOS DE MANOLO.
Luns, 24 de febreiro de 2020
- De 9.00 a 14.00 H. Mercado Tradicional de Entroido no Mercado e Praza de Abastos, amenizado pola charanga OS VIRTUOSOS DO TINTO.
- 13.00 H. Polo recinto histórico, actuación do grupo tradicional CÁNTIGAS E FRORES.
- 18.30 H. No Campo Castelo, Entroido escénico “O ENTROIDO PÍCARO” a cargo do grupo Os Pinchacarneiros.
- 19.00 H. Festa de disfraces na Praza de Abastos, con música a cargo do DJ FETÉN e moitas sorpresas.
- 19.30 H. Na praza da Milagrosa, a Piringalla, praza Viana do Castelo, zona da Medusa-Garabolos, actuación da charanga OS JALÁCTICOS.
- 20.30 H. Polo recinto histórico, actuación da charanga LOUBAND. Por Augas Férreas, actuación da charanga CLAVE DE SOL. No Campo Castelo, San Pedro e praza Mártires de Carral, actuación da charanga VIÑO BRANCO.No fondo da praza do Campo, Entroido escénico “GATSBY REMAKE 2020” a cargo do grupo Nostrum Cai.
- 23:00 H. Na praza da Soidade, música, sesión DJ con GALICIAN ARMY.
Martes, 25 de febreirode 2020
- 12:30 H. Espectáculo itinerante de rúa para público familiar “LE PETIT CIRC”. Dende a praza San Marcos ata a praza Maior.
- 13.00 H. Polo recinto histórico, actuación do grupo de música tradicional RAÍCES DO CAMPO.
- 17.00 H. Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes concentraranse na praza da Soidade (en caso de chuvia, soportais do Mercado Municipal) media hora antes do desfile, que presidirá a charanga PARADELA. Discorrerá polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e rematará na praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello, antes das 14.30 horas do luns, día 24 de febreiro.
O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa cultura da nosa cidade.
PREMIOS INDIVIDUAL:
- 1º premio: 500,00 €
- 2º premio: 300,00 €
- 3º premio: 200,00 €
- 3 premios de 50,00 €
PARELLAS:
- 1º premio: 600,00 €
- 2º premio: 400,00 €
- 3º premio: 300,00 €
- 5 premios de 100,00 €
COMPARSAS:
- 1º premio: 1.100,00 €
- 2º premio: 800,00 €
- 3º premio: 600,00 €
- 7 premios de 200,00 €
- 19:00 H Polo recinto histórico, actuación da charanga PARADELA.
Mércores, 26 de febreiro de 2020
Ao cumprirse este ano os 20 anos da constitución da “Asociación Cultural Pepe Barreiro”, organizou distintas actividades: ademais da convocatoria do concurso de Ferretes de Entroido tamén promoveu a exposición ao aire libre ”ASOCIACIÓN PEPE BARREIRO, UN ANTES E UN DESPOIS” inaugurada o día 12 de febreiro e que pode visitarse na rúa da Raiña.
- 19.00 H. No quiosco da música da praza Maior, Velorio da Sardiña, a cargo da asociación cultural Pepe Barreiro. Están convitados todos os que queiran acompañar á familia no Velorio e poden así mesmo, deixar constancia da súa pena no libro de firmas.
- 19.30 H. Procesión da Santa Compaña, fará un percorrido pola praza Maior cantando misereres en latín e achegarase ao Velorio para apoderarse da ánima da sardiña.
- 20.00 H. Enterro da Sardiña. Organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro. Saída do cadaleito do quiosco da música para se incorporar á Procesión no Círculo das Artes e percorrer diferentes rúas de Lugo, con paradas na praza do Campo e da Soidade ata rematar na praza Maior, onde se lerán os ferretes e despediranse ata o ano que vén.
[gallery ids="23731,23730,23732"]