Noticias de Hoy
Carlos Suares
Fecha: 22/05/2014
Horario: 21:30

Carlos Suárez y Dr. Think

Carlos Suárez y Dr. Think.
Preludio: gravacións de campo de Escoitar.org, obras etnomusicais de Asia, África, América, Europa e composicións de Krzysztof Penderecki, Brian Ferneyhoug, Iannis Xenakis e Eleazar Garzón

Como preámbulo ao concerto de Carlos Suárez escoitarase unha variada selección de traballos que determinan o ámbito estético deste artista. Obras que van dende a música contemporánea ás prácticas fonográficas pasando polas sonoridades etnomusicais. Este amplo repertorio inclúe gravacións de campo -European Acoustic Heritage (Escoitar.org) e Auga doce (Escoitar.org)-, exemplos de etnomúsica. -Gagaku (Asia), Agwara Alur (Africa), Vodoum-Rará (América), Fanfare-Ciocârlia-Asfalt Tango (Europa), exemplos de vídeos de obras contemporáneas -De Natura Sonoris (Krzysztof Penderecki), Adagissimo for String Quartet (Ferneyhough)- e exemplos de música electroacústica como La légende d'eer (Xenakis), Las criaturas de orlEGm (Eleazar Garzón).

O CONCERTO: Carlos Suárez ofrecerá un concerto construído a partir de temas dos seus últimos traballos publicados, Transit mundi, Fin da terra e O Tempo do Desengano. Ademais dunha obra nova baseada na voz de Celso Emilio Ferreiro que completará unha sesión de intensidade sonora onde as gravacións de campo e os sons sintetizados se mesturan coa execución de instrumentos en directo e interludios improvisados.

Do PECHE do concerto encargarase o Dj Dr. Think que cerrará a sesión construíndo un remix co material sonoro do concerto.

www.sonscreativos.weebly.com

CARLOS SUÁREZ SÁNCHEZ é un compositor, etnomusicólogo e percusionista Galego-Venezolano, Celanova 1966. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas.

Creou máis de 50 obras acústicas e electroacústicas. Compuxo para danza, teatro, radio, vídeo, instalacións e recitais poéticos. As súas viaxes de investigación por Venezuela e o Caribe inícianse en 1989, principalmente ás áreas culturais afroamericana e indíxena no Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras.

Traballou como investigador para FUNDEF (Fundación de etnomusicología e folklore), e gaña no 2006 en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro “Los chimbángueles de San Benito”. No ano 2003 retorna a Galicia, comezando os seus estudos da paisaxe sonora galega co colectivo escoitar.org. Realizou máis de 60 concertos, presentando as súas composicións en Venezuela (FLM, TTC), Brasil (Música Hoje), Colombia (Sonema), Perú, Chile (Ai-Maako, Tsonami.cl), Arxentina (Tsonami, CCEBA), Uruguai (CCE), Portugal (Binauralmedia, Miso Music, FuturePlace), Italia (Emufest), Austria (Kapu Linz), Francia (Festival de Bourges, Elektrophonie), Alemaña (Centro Cervantes, Field Recordings Festival), México (World Forum for Acoustic Ecology, CCEMX), USA (Flamingo Festival) e España (VigoTransforma, MARCO, In-Sonora, MACUF, Telenoika, Larraskito, JIEM, Arteleku, SONAR, Experimentaclub + LIMb0, Matadero, Zeppelín, VIBRA, Espazos Sonoros, auditorio 400 Museo Reina Sofía, Foro Creativa 2009, LABORAL Centro de arte). A isto únese o seu labor divulgativo a través de conferencias e talleres ao redor de temas de electrónica e organoloxía experimental, psicoacústica, fonografía, composición, etnomusicoloxía e paisaxes sonoras.

www.carlossuarez1966.wordpress.com

ÁLVARO PARDO aka DR. THINK (DJ) practica unha libertinaxe musical adquirida tras noites de emoción en cabinas alleas, tras longas madrugadas ampliando o seu armario sónico fronte aos technics. Toda unha vida pensando/buscando sons, en atmosferas, na música maxestática, dixital e ensoñadora.

Foi e sigue sendo residente nas mellores salas nacionais e noutras doutras latitudes. Compartiu noites cos mellores selectores do mundo, os festivais máis exquisitos o reclaman e a crítica especializada o coloca no seu punto de mira como unha das apostas electrónicas máis emocionantes e sorprendentes nestes albores do século XXI. A súa segunda xira Latinoamericana por Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil terminou neste 2013 deixando un regueiro de Grooves e Beats que deleitou aos presentes nas súas 20 actuacións por diferentes clubs e festivais.

www.soundcloud.com/drthink