Noticias de Hoy
Campaña Nadal en Lugo
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 07/12/2020 a 04/01/2021

Campaña Nadal en Lugo

Rúas de Lugo.

A campaña de Nadal de Lugo inclúe: a decoración de locais comerciais, un globo aerostático,  accións de marketing con influencers ou unha plataforma de bonos-regalo.

Instalación dun globo aerostático 

Entre o 12 de decembro e o 6 de xaneiro instalarase na explanada do Pavillón Municipal de Deportes, situado nas costas do parque, un globo aerostático cautivo, é dicir, sostido  por cables e unido ao chan, que se elevará ata unha determinada altura. O horario de  voo será entre as 17:30 e 19:30 horas entre semana, e entre as 17:30 e 20:30 horas as  fins de semana. A duración de cada viaxe será duns 3 minutos.  

Ademais, as persoas que merquen no comercio lucense poderán entrar a participar cos  seus tickets de compra no sorteo de pases para unha viaxe no globo. Os grupos serán  reducidos e os voos faranse sempre mantendo todas as medidas de seguridade.  Paralelamente, na Praza Maior instalarase un photocall cun globo pequeno para que  nenos e maiores poidan facerse fotos.  

Plataforma de bonos-regalo  

Con motivo da campaña navideña, procederase a reapertura da plataforma municipal  “Abrindo Lugo”, que xa se empregou durante o confinamento para impulsar a compra  anticipada en liña. Os consumidores poderán utilizala para comprar bonos-regalo nos  comercios e a hostalería local, para o que se requerirá a inscrición previa dos negocios  participantes.  

O funcionamento da web é sinxelo. Os consumidores poderá atopar unha listaxe de  establecementos participantes para comprar algún dos bonos para consumir neles.  Unha vez introducidos os seus datos, habilitarase unha pasarela de pago que permitirá  abonar o custo do tícket ou bono, sen ningún tipo de comisión, e finalmente recibirán a  confirmación da súa compra.  

Actividades na Avenida da Coruña, a principal avenida comercial de Galicia 

Farase unha decoración específica para esta zona cun abeto de Nadal nunha caixa e  unhas figuras decorativas do Nadal.  

Ademais, haberá diferentes actividades de animación: 

- Do 7 ao 20 de decembro (excepto os días 8, 13 e 20 xaneiro) en horario de 17:00 a  20:00 horas, agás os sábados que será de 11:00 a 14:00 horas, un Elfo entregará a  todos os nenos e nenas que paseen pola Avenida da Coruña un globo vermello  serigrafiado co lema “Lugo é Capital“ en cor branca.  

- Do 21 ao 24 de decembro en horario de 17:00 a 20:00 horas (día 24 ata as 18:00  horas) Papá Noel estará no seu trono na Praza Menorca recollendo as cartas de todos  os nenos e nenas. Ademais, un Elfo será o encargado de colocar aos pequenos/as para  que manteñan a distancia de seguridade e senten nunha cadeira para facerse a foto colocada a 2 metros de distancia.  

- Do 28 ao 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 17:00 a 20:00 horas un Paxe Real recollerá as cartas que os nenos e nenas escriban ás súas Maxestades. As  cartas, serán personalizadas, farase un modelo e serán entregadas en cada comercio  participante para que o propio paxe lle diga aos nenos que vaian ás tendas para cubrilas  e logo o busquen pola Avenida da Coruña para entregarllelas.  

- Ademais destas actividades, todos os xoves un copito de neve terá un posto na  Avenida da Coruña onde todas as persoas que compren nos establecementos adheridos  á campaña e traian un ticket superior a 10€ (ou varios que sumen esa cantidade) terán  dereito a un agasallo para elixir entre: un block de notas do nadal, unha taza, unha bóla  do Nadal, ou unha axenda.  

- O 22 de decembro, día da Lotería de Nadal, haberá un grupo de música na rúa que nos  trasladará á Irlanda antiga coas súas Christmas Carols.   


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635