Thomas Demenga
Nacido en Berna en 1954, o violonchelista Thomas Demenga estudou con Walter Grimmer, Antonio Janigro, Leonard Rose e Mstislav Rostropovich. Recibe importantes consellos de música de cámara na Escola Juilliard de Nova York por parte de Claus Adam, Felix Galimir e Robert Mann.
Solista de renome internacional, compositor e pedagogo, é un dos violonchelistas máis influentes do noso tempo. Como músico de cámara e solista, actuou en moitos festivais importantes e centros musicais do mundo e compartiu escenario con outros músicos como Heinz Holliger, Gidon Kremer, Thomas Larcher, Paul Meyer, Aurèle Nicolet, Hans Heinz Schneeberger, Thomas Zehetmair e Tabea Zimmermann. Thomas Demenga traballou con directores como Mstislav Rostropovich, Wolfgang Sawallisch, Moshe Atzmon, Myung Whun Chung, Charles Dutoit, Claus Peter Flor, Howard Griffiths, Heinz Holliger, Armin Jordan, Okko Kamu, Sándor Végh, Mario Venzago e Hiroshi Wakasugi.
Como solista, foi invitado pola Berlin Symphony Orchestra, Orquestra Sinfónica de Berna, a Orquestra Sinfónica de Boston, Camerata Bern, Young German Philharmonic Orchestra, a Orquestra de Cámara de Basilea, L'Orchestre de Chambre de Lausanne, L'Orchestre de la Suisse Romande, Nieuw Ensemble Amsterdam, ORF Symphony Orchestra, Orquestra Sinfónica de Basilea, Basel Sinfonietta, Orquestra Tonhalle de Zúric, Westdeutsches Rundfunk Symphonie-Orchester e Orquestra de Cámara de Zúric entre outras.
O traballo artístico de Thomas Demenga caracterízase por un intenso debate e o intercambio de interpretacións e creacións en diversos estilos. Particularmente intensa é a súa dedicación á nova música e é moi activo tamén como improvisador. Así, a súa voz individual como compositor e intérprete das obras do século XX e XXI (entre elas estreas absolutas importantes) dá unha dimensión nova e complementaria tanto á práctica interpretativa histórica da música barroca e ás súas interpretacións virtuosas do repertorio clásico e romántico. En 1991 foi o primeiro compositor suízo en recibir o primeiro premio pola súa composición «solo per due» polo Congreso da «Tribuna Internationale des Compositeurs».
En agosto de 2000 foi un "compositor en residencia" no Festival de Davos e posteriormente foi nomeado director artístico do festival, cargo que ocupou ata 2006. A partir de 2011, Thomas Demenga é o director artístico da Camerata Zúric.
No Festival de Lucerne, no verán de 2003, Thomas Demenga actuou como "artista estrela", pasando a formar parte do círculo exclusivo de solistas da talla de Sabine Meyer (2000), Anne-Sophie Mutter (2001), Alfred Brendel (2002), Thomas Quasthoff (2004), Christian Tetzlaff (2005) e Emanuel Pahud (2006).
Gravou para selos tan importantes como Philips, Archiv, Deustche Gramophon e actualmente é artista da discográfica ECM.
Na tempada 2007-2008 Thomas Demenga foi nomeado compositor en residencia da Orquestra de Cámara de Lausanne con Christian Zacharias de director artístico. En 2012 dentro do Piatigorski Festival nos Ánxeles interpreta o seu concerto para dous violonchelos con grande éxito. En agosto de 2012 foi invitado ao Festival de Salzburgo. Na tempada 2012-2013 interpretou todas as suites de J. S. Bach en solitario, xunto con obras contemporáneas no Wigmore Hall de Londres.
Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia
A Camerata OSG é unha formación estable composta por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia, entre eles varios dos seus primeiros atrís como: Ruslana Prokopenko principal de violonchelos; Ludwig Dürichen axuda de concertino; Francisco Regozo, principal de violas.
A Camerata OSG nace co firme propósito de difundir obras para pequenas orquestras de cámara intentando abarcar un repertorio o máis ecléctico posible.
Está dirixida polo compositor e viola Wladimir Rosinskij.
Wladimir Rosinskij
De orixe rusa e nacionalidade austríaca obtén Diploma de Honra na Academia Musical de Krasnojarsk en 1986.
Dende 1990 ata 1995 estuda en Hochschule fur Musik Viena, co Mestre W. Klos (viola) e o mestre E. Urbanner (composición). En Austria traballou con Orquestras e agrupacións camerísticas diversas: Orchester Vereiningte Buhnen Wien, Camerata Bregenz, Wiener Symphoniker, Orquestra St. Gallen (Suíza), Wiener Klavier-Quartett, Punto d’arco Wien-Tokio Quartett entre outros.
Neste período (1991-1992) obtén Premio en Kompositionswettbewerb im Rahmen des 10 Wiener Sommer-seminars para Novas Músicas ademais do Forderungspreis de Bundeskanzleramt de Austria para Compositores (1999).
Como director traballou con orquestras como Kammerorchester Arpeggione Hohenems, Ensemble Plus (Austria), Orquestra de Cámara da OSG, Grupo Instrumental Siglo XX, Orquestra de Cámara de Odessa e Orquestra de Cámara de Astrakhan.
A música de Wladimir Rosinskij estreouse en salas da importancia de Musikverein e Konzerthaus (Viena); Auditorio Nacional (Madrid); Auditorio de Tenerife; Palacio de la Ópera (A Coruña); Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela); Festspielhaus (Bregenz); Grosser Saal Odessa Fihlarmonie con directores como Gianandrea Noceda, Josep Pons, Tuomas Olilla, Christoph Eberle, Gerard Korsten Karlheinz Sissl e interpretadas por solistas da talla de Hansjorg Schellenberger, David Quiggle, Jeslen Lam, Ruslana Prokopenko, Vasili Marian e orquestras tales como Wienerkammerorchester, Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica de Tenerife, Vorarlberg Symphonie Orchester, Orchester der Academie St. Blasius (Innsbruck).