Noticias de Hoy
Cartel arde Lucus
Fecha: 22/06/2023 a 25/06/2023
Horario: 01:00

Arde Lucus 2023

Os próximos 22, 23, 24 e 25 de xuño a cidade de Lugo volverá a converterse, un ano máis, en Lucus Augusti e as súas rúas encheranse de novo de romanos e castrexos e instalaranse os poboados, os campamentos e o circo.

Catro días cheos de historia que nesta edición conta xa co distintivos de Festa de Interese Turístico Internacional que para Repetto é  “algo do que estamos moi orgullosos, de poder desfrutalo en todo o seu esplendor” ademais engade que “é un distintivo que nos outorga o Ministerio e supón unha responsabilidade e o compromiso de seguir mantendo os niveis da festa e mellorar ano tras ano”.

Este recoñecemento internacional supón tamén “unha ventá ao mundo é unha proxección a nivel internacional para poder captar máis turismo e que se acerque máis xente de fóra a coñecer esta gran festa que é o Arde Lucus” declara o concelleiro.

Nestes últimos anos alcanzáronse os maiores índices de coñecemento desta festa fóra de Galicia e nos dous últimos anos, máis de 35 millóns de persoas de todo o mundo coñeceron o Arde Lvcvs a través da difusión que realizaron xornalistas representantes de medios de comunicación de dez países e tres continentes.

Esta edición contará con varias novidades como a incorporación dunha zona especial dedica ao desfrute dos máis pequenos, e onde todos os nenos e nenas poderán vivir a festa do Arde Lucus de xeito máis especial. Para os maiores tamén haberá novidades e nesta edición a Asociación de Cociñeiros de Lugo instalará un Tabernarium.

Tamén se recuperará o Macellum, un punto de reunión e encontro, un mercado cheo de actividade que contará con postos de artesanía. Volverán os concertos, os actos centrais que están presentes todos os anos como os desfiles, as vodas ou o circo romano e máis novidades que se irán presentando pouco a pouco.

Máis de catrocentas actividades programadas durante castro días que non sería posibles sen as 19 asociacións que forman Arde Lucus, Repetto aproveita para dar as grazas “como todos os anos a estas 19 asociacións que conforman o tecido asociativo deste Arde Lucus que sen elas non sería posible pola súa implicación e o seu traballo durante todo o ano. Non podemos esquecer que o Arde Lucus require dese compromiso por parte das asociacións que están traballando todo o ano na parte do Arde Lucus Cultural, en todas esas actividades previas e nas propias que se desenvolven dentro dos días da festa”.

O día 10 será o Natalis, acto co que se da o pistoletazo de saída ao Arde Lucus e que se celebra por terceiro ano consecutivo. Este acto servirá para presentar ás asociacións romanas, a través dunha recreación histórica e que consistirá nun iubilator que percorrerá as rúas para informar aos cidadáns da proximidade da festa. Haberá ofrenda floral e instalarse na Mosqueira un panel para ir facendo a conta atrás dos dez días que faltan para o Arde Lucus.

O Natalis dará comezo ás 20.30 horas coa participación de centenares de persoas que formarán un desfile. Non faltará o himno do Arde Lucus, o Calendis Arde Lucus, que cantarán o Orfeón Xoán Monters e a Coral Ecos do Miño. Tamén está prevista a actuación do músico Abraham Mateo.

Este ano a festa volve a coincidir coa festividade de San Xoan para o concelleiro “a anterior ocasión foi un éxito en canto a participación e contamos con que este ano tamén o sexa, non creemos que afecte negativamente senón todo o contrario que todas estas festas que coinciden se van a complementar” .

Os datos da Asociación de Hostalería informan de que xa están todos os hoteis reservados para esas datas, polo que se espera un Arde Lucus cun gran éxito e participación para celebrar este primeiro ano como Festa de Interese Turístico Internacional.