A traveso dos eóns, as catro principais meigas de Galicia son convocadas por un antigo druida, para a dificil misión de arranxa-lo mundo. Para aumenta-los seus poderes han convocar ós espíritus da natureza uns entes preternaturais que son a fonte dos seus poderes. Máis a deshorbitada ambición dun deles, o forte desacordo das 4 meigas e a súa incapacidade para o diálogo fará que o control fuxa das súas mans levando a situación a un desastre inminente.
O “Circuíto Galego de Teatro Amador” en Lugo está organizado por Nova Escena Teatro dentro da programación promovida pola Xunta de Galicia e organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo e promoción da Lingua do Concello de Lugo.