Noticias de Hoy
Terra do Mino
Fecha: 23/12/2013 a 30/12/2013

Actividades Terras do Miño no Nadal

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou hoxe as actividades que organiza o Centro de Interpretación Terras do Miño para o Nadal. No acto tamén estivo presente o autor do libro Don Acivro salva o Nadal, conto en torno ó que xiran os obradoiros e espectáculos musicais que se celebrarán entre os días 23 e 30 de decembro en Lugo, Sarria e Vilalba. 200 pequenos poderán coñecer este Nadal a historia de Don Acivro e Xana na Reserva da Biosfera Terras do Miño e na Reserva dos Ancares Lucenses Montes de Navia, Cervantes e Becerreá da man da Deputación.

López Izquierdo insistiu na importancia de inculcarlle ós cativos o aprecio polo medio natural do mesmo xeito que se transmiten outros valores propios destas datas e salientou que a mellor maneira de facelo é a través dun conto que relaciona a unha cativa, ó Nadal e ás Reservas da Biosfera da provincia. Deste xeito, destacou a Deputada, “poñemos en valor o medio natural lucense e o damos a coñecer ós máis cativos, que serán os responsables da súa conservación, dun xeito divertido, con música e debuxos”.

Xosé Antonio Perozo, autor do conto explicou que as personaxes da historia, un esquío e un acivro máxico permitirán os participantes xogar co conto e crear novas tramas á redor da Reserva da Biosfera. A actriz María Lado, LLerena Perozo e o músico Miguel Seoane serán os encargados de amosarlle ós rapaces como facelo.

As actividades a desenvolver son as seguintes:

  • En Lugo, celebraranse dúas sesións: unha o 23 de decembro e outra o 30 de dito mes. As actividades comezarán ás 11:30 horas da mañá cun contacontos con taller no Centro de Interpretación Terras do Miño. Xa pola tarde, o salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá un espectáculo musical a partires das 19:00 horas.
  • En Vilalba, o contacontos e o espectáculo musical celebraranse o 26 de decembro no Centro Cultural e Recreativo, tamén ás 11:30 e 19:00 horas, respectivamente.
  • En Sarria, as actividades celebraranse o 28 de decembro, na Casa da Cultura cos mesmos horarios.

Os contacontos con obradoiros están dirixidos a cativos a partir de 6 anos, cun máximo de 25 rapaces por actividade, que terán que inscribirse antes do 20 de decembro en contacontosdonacivro@gmail.com. Os espectáculos musicais son para toda a familia ata completar o aforo dos locais. Todos os participantes nestas actividades levarán un libro coa historia de Xana e Don Acivro de recordo que serán posteriormente repartidos nos colexios da provincia para que todos os escolares coñezan este conto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635