Lugo
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades do Samaín 2020, que incluirá un total de 6 actividades que, segundo declarou Maite Ferreiro, “organizamos seguindo coa cultura segura, pensando na seguridade de todas as persoas asistentes”. Ferreiro afirmou que “desde a área de Cultura mantemos a nosa aposta pola cultura segura e por reactivar o tecido cultural local”, e engadiu “tamén incluímos accións destinadas a colaborar coa recuperación do comercio local”.
O Vello Cárcere e o MIHL acollerán obradoiros para nenos e nenas, mentres as rúas da cidade acollerán tamén actividades seguras para toda a familia.
O Vello Cárcere acollerá os obradoiros lúdicos SAMAÍNeAND: aprende e xoga no Samaín, con grupos de distintas idades durante todo o día 31 de outubro. Entre as 11:00 e as 12:00 terá lugar o obradoiro para nenas e nenos de 8 a 12 anos, de 11:30 a 12:30 para nenas e nenos de 3 a 5 anos e de 17:45 a 18:45 para nenas e nenas de 6 a 8 anos. A inscrición terá que realizarse por adiantado no teléfono 982 297 446. O MIHL organiza obradoiros para nenas e nenos de 4 a 12 anos. O sábado 31 entre as 17 e as 19 horas realizaranse máscaras terroríficas e o domingo 1 á mesma hora exploraranse as cores do Samaín.
A Santa Compaña pasará polas rúas de Lugo o venres 30 e o sábado 31 polo recinto histórico, entre as 20 e as 21:30, e a Canella do Hospital acollerá un túnel do terror para público familiar o venres 30 e o sábado 31 entre as 10 e as 21 horas.
A área de Cultura organiza tamén un concurso de disfraces e de Escaparates, cuxas bases se poden consultar na web do concello.
Programación Samaín 2020
Sábado 24 e xoves 29 octubre na Casa da Xuventude
Taller de maquillaje Peel-of de efectos especiales. Grupo de 10/sesión.
Xoves 29: De 18:00 a 20:00 horas
Inscripcións no teléfono 982 297 444.
Venres 30 e sábado 31 de octubre no Parque da Milagrosa
Rastreo Nocturno "Milagrosa Zombie", ás 21:00 horas. Grupo de 5/día (grupos máximo de 3) e +18 anos.
Inscripcións en xuventude@lugo.gal
Domingo 1 de novembre na Praza da Milagrosa
Cuentacuentos de Samaín con Clán ce Breogán
3 pases: 17:00, 18:00 y 19:00 horas
Público familiar (niño/niña acompañado de un adulto)
Inscripcións en xuventude@lugo.gal.
Sábado 31 e domingo 1
Masterclass A Mover El Esqueleto
Sábado 31:12:00 horas, Praza da Milagrosa
Domingo 1: 18:00 horas, Praza de Augas Férreas
Actividad abierta con aforo limitado