As actividades serán do 20 de decembro de 2013 ao 6 de xaneiro de 2014
Este ano como novidade, crease o Nadal Creativo, unha serie de actividades infantís que se desenvolverán nunha carpa que se vai situar na Praza de Anxo Fernández Gómez e co que se “trata de ofrecer actividades relacionados co Nadal que ofrezan un tempo de lecer aos máis pequenos á vez que estimulan a súa creatividade.
Haberá tres obradoiros moi especiais que se vinculan á organización da Cabalgata de Reis, o primeiro deles é o de Panxoliñas e percusión de Nadal que permitirá formar un pequeno coro que fará ensaios de canto, instrumentación e coreografía e culminará cunha actuación na praza Maior o día da Cabalgata dos Reis Magos. Os outros dous son os de Modelado do Belén en plastilina e Casiñas de cartulina de Nadal, pois nestes obradoiros os nenos irán creando as figuras e a decoración dun Belén que estará exposto na carpa do “Nadal Creativo” e unha vez se remate o día 4, levarase á Casa Consistorial para que o poidan ver os Reis Magos.
Ademais dos obradoiros creativos, a carpa acollerá dúas sesións de Máster Class e dous obradoiros de cociña organizados polo Concello de Lugo e a Asociación Provincial de Hostalería de Lugo. As Máster Class estarán impartidas por dous chefs lucenses de recoñecido prestixio como son Álvaro Villasante, do restaurante Paprica, Héctor López, do restaurante España e Rubén Garcia do restaurante Campos.
As actividades serán do 23 de decembro ao 4 de xaneiro de 2014 en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas dirixido a nenos de 6 a 14 anos. As inscricións son gratuítas e hai que facelas a través do 010 dende hoxe e na propia carpa para as prazas sobrantes.
Ademais destas actividades dirixidas para os máis pequenos tamén se levan a cabo outras obras de teatro e actuacións musicais dentro do programa de Nadal en Lugo e nas que poden participar dende os máis maiores ata os máis pequenos.
Así, os actos repártense ao longo de todo o Nadal da seguinte maneira:
Venres 20 decembro de 2013
19.00 h. Actuación da banda e o coro de grao elemental do Conservatorio Profesional de Música de Lugo no MIHL
20.00 h. Recital de Poesía no Nadal dedicado a Luis Cernuda nos cincuenta anos do seu falecemento en México no Salón de Plenos da Casa do Concello.
20.30 h. A Banda Municipal de Lugo e o Orfeón Lucense ofrecerán un concerto de Nadal na Igrexa a Nova
Sábado 21 decembro de 2013
16.30 h. A coral de voces femininas Cantar Delas fará unha actuación no Centro de Dinamización Rural de Santiago de Saa
20.30 h. Comeza a gala lírica de ópera e cantata en homenaxe a Giuseppe Verdi e Richard Wagner no bicentenario do seu nacemento. A coral polifónica do Hospital Xeral-Calde e Orquestra Clásica de Xove, serán os encargados de levar a cabo este concerto. No Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Domingo 22 decembro de 2013
17.00 h. O conxunto vocal Lugh actúan no centro de dinamización rural de San Xoán do Campo.
Xoves 26 decembro de 2013
18.30 h. Comezo da obra de teatro Touporroutou da lúa e o sol, da compañía Teatro do Noroeste e dedicado a un público infantil. No Auditorio Gustavo Freire.
Venres 27 decembro de 2013
16.00 h. A Schola Gregoriana Lucensis actúan no Centro de día Alalás.
17.30 h. O Orfeón Xoán Montes actúa no Centro de día Arroupar.
18.00 h. O grupo músico-vocal Xeada actúa no local do Leiras Pulpeiro.
18.30 h. Comezo da obra de teatro Ensalada de instrumentos da compañía Os tres tenedores e dedicado a un público familiar. No Auditorio Gustavo Freire.
Sábado 28 decembro de 2013
17.00 h. A actuación do coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago no centro de dinamización rural de Rubiás.
17.30 h. A actuación do coro Ecos do Miño no centro de dinamización rural de Calde.
19.00 h. A actuación do coro San Antonio no Centro de Convivencia Díaz Castro.
20.00 h. Comezo da obra de teatro Os vellos non deben de namorarse da compañía de teatro do colectivo cultural Ollomao. No Auditorio Gustavo Freire.
Domingo 29 decembro de 2013
11.00 h. A actuación da coral Xolda na Igrexa Parroquial de Coeses.
12.00 h. A actuación da coral Novo Amencer no Local Social das Gándaras.
12.45 h. A actuación da coral da Igrexa de San Francisco Javier no Centro de dinamización rural de Santa Comba.
20.30 h. Comezo da Gran Gala Strauss coa Orquesta Filharmónica de Lemberg- Ucraína no Auditorio Gustavo Freire. As entradas son de 5 euros na zona A e de 3 euros na zona B e C.
Luns 30 decembro de 2013
18.30 h. Comezo da obra de teatro Recicla-arte da compañía de teatro Ni fu Ni fa Animación. No Auditorio Gustavo Freire e dirixido a un público infantil de 3 a 12 anos.
Xoves 2 xaneiro de 2014
18.30 h. Comezo da obra de teatro A volta ao mundo en mil músicas da compañía de teatro Embucle. No Museo Interactivo da Historia de Lugo e dirixido a un público infantil.
Venres 3 xaneiro de 2014
20.30 h. Comezo da obra de teatro Paradero Desconocido de Kressman Taylor da compañía de teatro Andrea D’ Odorico. No Auditorio Gustavo Freire.
Sábado 4 xaneiro de 2014
18.00 h. A Schola Gregoriana Lucensis actúan no Centro de Dinamización Rural de Bóveda.
Domingo 5 xaneiro de 2014
18.00 h. Comezo da Cabalgata de Reis dende o Parque da Milagrosa ata a Praza Maior.
Luns 6 xaneiro de 2014
18.30 h. Comezo da actuación Os Bolechas cantan con Lady Vina no Auditorio Gustavo Freire. As entradas están á venda en www.servinova.com