Este ano as actividades de Nadal contan cunha novidade con respecto a anos anteriores xa que os nenos e nenas de 0 a 3 anos poderán participar nunha actividade específica para eles. Así, O son que me arrola, é un obradoiro de música tradicional galega que fará as delicias dos máis pequenos e cos que descubrirán novos sons e cancións. O prazo máximo de prazas é de 20 en cada un dos centros de convivencia que se celebra que será o día 23 de decembro no Maruxa Mallo, o 26 no de Fingoi, o 27 no centro da Milagrosa, o 30 no Uxio Novoneyra, o 2 de xaneiro en Lamas de Prado e o 3 de xaneiro no Maria Balterira, en todos os casos será entre as 17:30 e as 19.00 horas.
Outro ano máis, todos os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos poden solicitar unha das 20 prazas que se ofrecen en cada un dos centros de Fingoi, Lamas de Prado, Maria Balteira, Milagrosa e Uxio Novoneyra para participar nas Aulas Abertas que terán lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro en horario de 09:30 horas a 13.30 horas. O prezo será de 1 euro o día, e a inscripción poderá facerse entre o 16 e o 19 de decembro nos correspondentes Centros de Convivencia Municipais.
Ademais este ano tamén se levarán a cabo actividades para toda a familia como o Nadal Máxico, aberto a todo o público e que non precisa inscripción e que será o 23 de decembro en Lamas de Prado co Mago Rafa que tamén estará o 2 de xaneiro no Maria Balteira, e o 26 no Centro Convivencia Uxio Novoneyra co Mago Charly, que tamén repetirá os días 27 no Maruxa Mallo e o 30 no de Fingoi.
Web: www.lugo.es