A Candeloria 2019 de Lugo.
Somos lucenses, consideramos Lugo a nosa cidade. E ten moitas cousas boas, como a magnífica comida ou a hospitalidade dos seus habitantes. Pero carece de algo, e é que a súa oferta cultural é ás veces limitada. Se ben é certo que en eventos como o San Froilán ou o Arde Lucus a cultura toma a cidade, o resto do ano non hai unha continuidade nese aspecto agás a que, por sorte, ofrecen locais como o Clavicémbalo. Se comparamos esta pequena actividade cultural coa doutras cidades e vilas galegas non saímos demasiado ben parados, a verdade.
Tamén somos galegos, amamos a cultura galega. E pensamos que é bastante triste que máis de vinte anos despois do Manifesto de Viana a situación do galego na música continúe sen estar normalizada. Loitamos contra isto escoitando música galega e vendo grupos da terra actuar por todo o país. En definitiva: consumindo cultura galega.
Por suposto, somos festeiros, encántanos a esmorga. E pensamos que Lugo é un lugar perfecto para facer festa… e non unha festa calquera, a festa d’A Candeloria. É unha festa ancestral que nos seus comezos era chamada a Festa da Luz, e celebra o paso do inverno a primavera. Queremos, á par de recuperar esta tradición milenaria, situar a Lugo no mapa festivaleiro galego e estatal. Queremos dignificar a cultura galega en xeral, e á música en particular.
ARTISTAS
- Gatillazo
- Dakidarría
- Skalar
- Nao
- Euk7
- Mafalda
- El Coleta
- Rebeliom do Inframundo
- Arrhythmia
- Ruxe Ruxe
- Jarfaiter
- Tremenda Jauria