Noticias de Hoy
Fecha: 26/04/2014

4ª Noite da Lusofonía Cultura do País

Abril, en Cultura do País, é sinónimo de Lusofonía. Desta volta realizamos varias actividades que gardan relación cos lazos comúns cos países lusófonos e a proxección internacional da nosa lingua.

Como xa é tradicional, celebraremos unha nova edición da Noite da Lusofonía, que xa vai pola cuarta. Desta volta teremos, de novo como leitmotiv a Revolução dos Cravos -no XL aniversario deste feito histórico-, e contaremos co cantautor portugués Rui David, que fará un percorrido polas melodías e textos máis destacados da música portuguesa, desde a tradicional até a canción de intervención pasando polo fado.

Será unha boa oportunidade para revisitar temas de Vitorino, Zeca Afonso, Fausto, António Zambujo ou Amália, entre outros. Este acto terá lugar o venres 25 de Abril ás 23:00 na Sala Castelao. A entrada é de balde.

Tamén co gallo do corenta aniversario da Revolución dos Craveis, os socios de Cultura do País celebrarán unha cea de confraternidade, previa ao concerto, que terá lugar no Mesón O Cunqueiro a partires das 21:30 horas.