O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá presentou a 44 edición da Semana Internacional de Cine de Lugo. A cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, terá lugar entre o 19 e o 24 de setembro de 2022.
Durante 44 Semana do Cine de Lugo proxectaranse un total de 117 filmes, que estarán divididos en 10 ciclos. Destes, 95 serán gratuítos, sendo de pago só o ciclo infantil, con entradas a 2€, Cines das Nacionalidades, a 3€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 4€.