Noticias de Hoy
Estar en las Nubes
Fecha: 05/03/2014 a 20/04/2014

Estar en las Nubes

Once artistas españois inspirados polas nubes exporán os seus traballos na nova mostra da Capela de Santa María: Estar en las Nubes

11 artistas nas nubes

Esta mostra recolle obras, realizadas baixo diferentes técnicas, que xiran en torno a un eixo común: as nubes. Tal e como destacou Fátima Otero, as nubes teñen sido motivo de inspiración para centos de artistas, ó longo da historia do arte, que plasmaron a través da pintura, a escultura, o deseño, o vídeo ou a o mobiliario, a fascinación polos “caprichos celestes”. Nembargantes, as nubes poucas veces foron tratadas a nivel expositivo, polo que aí radica a orixinalidade desta mostra.

11 artistas multidisciplinares que representan o máis destacado da actualidade do panorama actual en España están presentes en Estar en las nubes. Os galegos Sheila Pazos; Din Matamoro; Alina Granados; Xurxo Gómez-Chao; Jesús Otero-Yglesias aportarán a súa particular visión das nubes, moitas veces de xeito onírico e futurista, a través da pintura e da fotografía; nubes de helio a xeito de pantallas de proxección do vallisoletano Eugenio Ampudia; as famosas rain tables da catalana Andere Mojo, Premio Samsonite de Deseño; as nubes fotografadas do cántabro Ciuco Gutiérrez, ou a combinación de pintura e fotografía do zaragozano Carlos Maño, suman ata 30 pezas que dan boa mostra da sensibilidade do colectivo artístico que reintepretan a tradición cultivada ó longo dos séculos por artistas como Leonardo da Vinci ou Warhol, pasando por Constable, Turner ou Magritte.

Horarios da exposición

A exposición abrirá as súas portas este xoves, ás 20:00 horas, nun orixinal acto cheo de sorpresas para os asistentes, como as nubes de algodón de azucre que se poderán degustar, e no que a música terá un papel protagonista, xa que será a estrea dunha peza para instrumentos de corda, composta especialmente para a ocasión. Ata o 20 de abril, todos os que desexen achegarse ata a Capela de Santa María poderán facelo no seguinte horario: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas; e sábados, domingos e festivos 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuita.