Entre cores e soños

Fecha 27-03-2014 a 20-06-2014
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Entre-cores-e-soños

O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle unha nova mostra de pintura do artista galego Carlos Bóveda titulada Entre cores e soños.

A exposición está composta por un conxunto de cadros ao óleo e debuxos de diversos tamaños, nos que se pode ver dende as primeiras etapas da vida, pasando polo seu destacado traballo en Bos Aires, e xa de volta en Galicia despois de 40 anos en Arxentina ata o final dos seus días. O percorrido pola obra de Carlos Bóveda é unha homenaxe constante do pintor padronés a súa terra Galicia, onde resalta a travñes do pincel, paleta ou os seus propios dedos o sentir e a bondade das súas xentes e oficios, da súa cultura e tradicións.

Carlos Bóveda naceu en Pontecesures o 5 de febreiro de 1933 pero a busca de liberdade fixo que emigrase para Arxentina onde coincidiu con artistas galegos como Luis Seoane, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, ou Castro Couso entre outros. Regresou corenta anos despois, xa en plena democracia, para seguir traballando nas súas pinturas.

Sara Paz incidiu en que a súa pintura podería definirse como un pintor conceptual e o tema dos seus traballos é sempre o mesmo, Galicia. Durante os seus anos en España e os primeiros en Arxentina, o negro e os tons oscuros marcan a súa creación. É neste etapa cando se dá unha coincidencia moi curiosa, xa que Carlos Bóveda en Galicia e Laxeiro na Arxentina pintan co mesmo estilo e con cores similares, sen coñecerse de nada, o que leva a que aínda a día de hoxe moitos críticos teñen dificultade para diferenciar as pinturas dos dous artistas. A súa época negra, sucédelle o puntillismo, incursiona no abstracto e seguidamente volve á pintura figurativa con moito color.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×