PUBLICIDAD

Contacontos adiado de Samaín

Fecha 24-11-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Xuventude de LugoOnline.

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, converte o contacontos adiado de Samaín en Contos de outono online para noites máxicas. Trátase do espectáculo que ía ter lugar o 1 de novembro, na Praza da Milagrosa, que foi aprazado polas restricións sanitarias, e que agora se desenvolverá de xeito telemático, concretamente dende o vindeiro martes 24 de novembro, todos os martes e xoves, ata o 10 de decembro, ás 20:00 horas no Facebook Xuventude Lugo, así como na conta de Instagram @Xuventude_lugo.

A calendarización é á seguinte:

  • Introdución ao Samaín, martes 24 de novembro ás 20.00 horas.
  • Indo para o Samaín, xoves 26 de novembro ás 20.00 horas.
  • O noso Samaín, martes 01 de decembro ás 20.00 horas.
  • Corre corre Cabaciña, xoves 03 de decembro ás 20.00 horas.
  • A castañá que rebentou de risa, martes 08 de decembro ás 20.00 horas.
  • Carabuñas, xoves 10 de decembro ás 20.00 horas.

Trátase de seguir ofrecendo, de forma gratuíta, aprendizaxe e entretemento ás mozas e mozos, que con esta alternativa se abre tamén ás máis cativas e cativos, coincidindo ademais coa conmemoración do Día Mundial da Infancia, que se celebra o 20 de novembro. Poderase gozar da maxia de diversos contos narrados polos membros da asociación de recreación histórica Clan de Breogán.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×