PUBLICIDAD

Concierto de Hara dentro de Lugo en Danza

Fecha 30-10-2020
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Será no Círculo das Artes o 30 de outubro

Concerto de Andrés Corchero e Agustí Fernandez / Hara dentro do ciclo LED Lugo en Danza, un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e as artes do movemento. Será no Círculo das Artes, o 30 de outubro ás 20.30 horas.

HARA é unha palabra xaponesa ( kanji) que significa ventre, corazón, mente. Na cultura xaponesa indica o centro vital, o lugar de onde sae toda a enerxía básica e o principio da vida. Este lugar sitúase no centro do corpo, no baixo ventre. En Xapón, o suicidio lévase a cabo cortándose o ventre, facéndose o Harakiri, así cortando a enerxía vital do corpo, do corazón, da mente e, en definitiva do ser mesmo. Unificar a mente, o corazón e o ventre é achegarnos ao espírito, un dos obxectivos máis importantes da nosa existencia. Atopar o noso Hara occidental permítenos descubrir a enerxía universal que flúe de calquera ser. Nós achegámonos desde a música e a danza. Achegarse ao principio é tamén achegarse ao final, unificándoos nun só a dúas voces, a do corpo e a do son, a da música e a danza. Cada unha ten o seu propio ventre, corazón e mente. Xuntas forman o Hara universal.

LED

No primeiro LED, que nace en 2020, haberá un total de oito propostas escénicas  de xaneiro a maio, cunha selección principalmente de produción galega. Queremos apostar  polo traballo dos artistas da nosa comunidade, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas.

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×