Noticias de Hoy
aqui no pasa nada
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 20/04/2023
Horario: 01:00 a 01:00

Concertos do libro 'Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo'

Presentouse na Praza de San Marcos  o libro “Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo”, do músico, compositor e docente lucense Juan Castro Lodeiro. 

A publicación, que sairá do prelo nos vindeiros días,  traza a historia da creación musical na cidade e na provincia a partir das testemuñas das persoas que participaron e participan dela e reivindica o potencial cultural, artístico e económico da música en Lugo. 

Este repaso histórico ten presente os instrumentos sonoros achados en gravados e mosaicos da cidade, o pouso da lírica galego portuguesa, compositores como Xoán Montes e Gustavo Freire,  bandas municipais, corais e orquestras e demórase especialmente na historia de músicos, bandas, locais e programadores que protagonizaron a vida musical de Lugo nas últimas décadas.

Do 20 de abril ao 10 de maio, organizaranse seis presentacións acompañadas de actuacións de grupos emblemáticos da cultura musical en cada comarca, propiciando a volta ao escenario dalgunhas bandas como a lucense Los Gansos.

Concertos

  • 20 de abril.  Lugo. Los Gansos
  • 22 de abril. Foz. The Lazy Bons
  • 27 de abril. Vilalba. Irmandades do Falo
  • 4 de maio. Sarria.  Malditos Roedores.
  • 5 de maio. Chantada. Tirapralá
  • 10 de maio. Monforte de Lemos.  Gin Tonic´s