PUBLICIDAD

Concerto do Cuarteto Quiroga

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

 

Sábado, 16 de xaneiro de 2021 ás 20:15 horas no Círculo das Artes de Lugo

A Sociedade Filarmónica de Lugo organiza o concerto do Cuarteto Quiroga. Premio Nacional de Música 2018, o cuarteto residente no Museo Cerralbo de Madrid e responsable durante anos da Colección Palatina de Stradivarius decorados do Palacio Real, está considerado hoxe como un dos grupos máis singulares e activos da nova xeración europea, internacionalmente recoñecido entre crítica e público pola forte personalidade do seu carácter como grupo e polas súas interpretacións audaces e renovadoras.

Aitor Hevia e Cibrán Sierra co violín, Josep Puchades coa viola e Helena Poggio co violonchelo, actuarán no Cícrculo das Artes de Lugo o 16 de xaneiro.

Para asistir ao concerto será preciso reservar as localidades. Compre reservalas por correo electrónico no enderezo: filarmonicadelugo@gmail.com  ou chamando por teléfono ao número 982 230 805.

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×