Clinic de baloncesto Lugo é basket

Fecha 15-09-2018
Hora 10:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

O sábado 15 de setembro, no anexo ao Pazo dos Deportes, celebrase a XV Edición do Clinic Lugo é basket, no que participará o adestrador nacional, Jota Cuspinera. Este profesional conta con gran experiencia como axudante e primeiro adestrador en liga ACB. Froito desa experiencia xorde a idea de titular o clinic: As Tarefas do Adestrador, no que explicará aos asistentes as roles dun adestrador de baloncesto: Formación, Rendemento, Análise/Scouting e Workout ou traballo individual. Todos os interesados poden anotarse en ajsc_lugo@hotmail.com.

A actividade estará orientada á base do baloncesto, pero co obxectivo de achegarse tamén aos adestradores profesionais a través dun completo programa que comanda o propio Cuspinera conxugando formación e debate e repartíndose do seguinte xeito:

XV Clínic “Lugo é Basket – Hierros Ferreiro (15/09/18)

10:30 h – Presentación e entrega de material.

10:45 h – Formación: xogo co poste baixo.

12:30 h – Rendemento: sistemas para xogar co poste baixo.

14:00 h – Xantar.

16:00 h – Análise: elaboración dun scouting de equipo.

17:45 h – Workout: traballo de tiro en postemporada.

19:15 h – Conclusións.

A asistencia á totalidade do clínic poderá validarse por oito horas de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×