PUBLICIDAD

Circuíto de Teatro Afeccionado

Fecha 5-12-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Circuíto de Teatro AfeccionadoDo 5 ao 27 de decembro.

Arrincou o Circuíto de Teatro Afeccionado da área de Cultura, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia desde esta fin de semana ata final de ano.

Quince compañías participan nesta iniciativa que dá pulo ao teatro amador nun ano condicionado pola incidencia da crise sanitaria nas programacións culturais, especialmente no ámbito das artes escénicas. Alentía Teatro, Nova Escena Teatro, Os Palimoquiños, Curuxán Teatro Impro, Hipócrita Teatro, Os Baluros, Os Trocos, A Adala, A Mariña, Asociación Cultural Abrente, Grupo de Teatro Viraventos, Teatreiras, Lume Escénico, O Torques e Pico do Castro representarán os seus espectáculos nunha vintena de municipios.

A programación, organizada en colaboración cos concellos e coas asociacións culturais que facilitan os espazos para as representacións, inclúe pezas para todos os públicos e con distintos rexistros, desde o drama ata a comedia.

O Circuíto de Teatro Afeccionado artellouse neste 2020 para dar continuidade á actividade do Buxiganga, unha convocatoria que non puido repetirse este ano polas dificultades que a situación sanitaria creaba á hora de concretar datas e horarios coa antelación que requería o procedemento habitual.

Actuacións

Sábado 5 de decembro

Centro sociocultural de Friol ás 17.00 horas, Por Un Puñado De Grelos

Auditorio municipal de Quiroga ás 18.00 horas, Tecedoras de Soños

Local da Asociación Nas Negradas do Vicedo ás 17.00 horas, O Randiña

Centro Social De Vilaronte – Teleclub de Foz ás 20.00 horas, As Fillas de Eva

Domingo 6 de decembro

Auditorio municipal de Quiroga ás 18.00 horas, O Randiña

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte ás 12.00 horas, Tecedoras de Soños

Casa da cultura de Alfoz ás 19.00 horas, Improvincia

Sábado 12 de decembro

Centro sociocultural de Friol ás 17.00 horas, Detrás das máscaras

Centro sociocultural de Riotorto ás 21.00 horas, Cousas de bares

Casa da cultura do Vicedo ás 20.00 horas, O Terapeuta

Teatro de Ribadeo ás 17.30 horas, Borraliña

Casa da cultura de Sarria ás 20.00 horas, Hotel Desencanto

Domingo 13 de decembro

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte ás 20.00 horas, As fillas de Eva

Casa da cultura de Sarria ás 19.00 horas, A maxia dos sentementos

Casa da cultura de Pantón ás 18.00 horas, Improvincia

Venres 18 de decembro

Casa da cultura de Alfoz ás 20.00 horas, Menciñeiro á forza

Sábado 19 de decembro

Centro sociocultural de Mosteiro de Pol ás 18.00 horas, Detrás das máscara

Centro sociocultural Manuel Lourenzo do Valadouro ás 19.00 horas, O aeroporto da valiña

Casa da cultura de Burela ás 20.30 horas, O Randiña

Centro sociocultural de Riotorto ás 21.00 horas, Por un puñado de grelos

Casa da cultura de Sarria ás 20.00 horas, Borraliña

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte ás 20.00 horas, Hotel desencanto

Casa da sociocultural da Reigosa en Pastoriza ás 21.00 horas, Cousas de bares

Domingo 20 de decembro

Centro sociocultural de Mosteiro de Pol ás 19.00 horas, O aeroporto da valiña

Casa da cultura do Vicedo ás 19.00 horas, Cousas de bares

Pórtico baixo Concello de Samos ás 17.00 horas, Detrás das máscaras

Casa da cultura de Sarria ás 19.00 horas, Sucesos

Centro Cívico de Xove ás 19.00 horas, Improvincia

Sábado 26 de decembro

Centro sociocultural Manuel Lourenzo do Valadouro ás 19.00 horas, Por un puñado de grelos

Salón de actos Os Chaos da Fonsagrada ás 19.00 horas, O aeroporto da valiña

Domingo 27 de decembro

Centro Cívico de Xove ás 19.00 horas, O Terapeuta

 

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×