Celebración Fin de Curso Tradescola en Lugo

Fecha 22-06-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

 

Celebración Fin de Curso Tradescola en Lugo

Mañá xoves día 22 de Xuño, a partir das 19.30 h, alumnos e mestres da Tradescola ofrecerán un concerto na Praza de Anxo Fdez. Gómez – Lugo

Con este acto, rematará o curso da Tradescola no que participaron máis de 250 alumn@s en aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais das aulas específicas para os máis pequenos.

Neste acto farase entrega dos premios aos 10 finalistas do V certame de debuxo para escolares realizado pola Tradescola. 

LUGO, a 21 de Xuño de 2017. Mañá xoves día 22 de Xuño a partir das 19.30 h., celebrarase na Praza de Anxo Fdez. Gómez o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, remata as clases de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical que se impartiron durante este curso e no que participaron máis de 250 alumnos.

A Asociación de Gaiteiros Galegos obtivo un balance moi positivo do que foi o noveno ano de vida da Tradescola, un ano no que ademais das aulas impartidas, organizáronse distintas actividades de promoción e difusión da cultura tradicional tanto na cidade de Lugo como en distintas comarcas da provincia.

 

No último semestre, a Tradescola levou a cabo numerosas actividades como o concerto-obradoiro de Nadal, o concerto Sons de Abril, representación dun Folión de Entroido, a celebración dos Maios con concertos e actuacións, obradoiros de bailes e xogos para escolares de O Saviñao, o obradoiro de programas informáticos para a música tradicional, o obradoiro de regraxe de zanfonas, o obradoiro de canto tradicional (Begonte), o obradoiro de técnicas de gaita e empalletado (Doiras – Cervantes), obradoiros de zanfona (Ribadeo), obradoiro de percusión, obradoiro de pandeira, o Encontro de Zanfona (Campa da Braña), concertos didácticos de música Tradicional para os escolares en distintos concellos da provincia de Lugo, un concerto didáctico para nenos realizado en Lugo no Ceip Santa María e outro no Ceip Anexa, e cabe destacar a organización do V certame de debuxo para escolares sobre “Os instrumentos da música tradicional galega”, no que participaron preto de 800 escolares.

 

Dende os inicios da Tradescola, fíxose posible que preto de 6000 persoas puideran asistir a conferencias, aulas, cursos, exposicións, concertos, obradoiros, actuacións, certames e monográficos realizados por esta escola na cidade de Lugo e nas distintas comarcas da provincia.

 

FINALISTAS DO V CERTAME DE DEBUXO DA TRADESCOLA

No acto de fin de curso farase  entrega dos premios aos 10 finalistas do V certame de debuxo para escolares realizado pola Tradescola. Neste certame, que acadou unha moi boa participación, entregaron os seus debuxos sobre os instrumentos de música tradicional preto de 800 nenas e nenos dos distintos centros escolares do Concello de Lugo. 

Os 10 finalistas do V certame de debuxo son:

Paula Gómez Barreal – Ceip Anexa

Antón Avilés López- Ceip As Mercedes

Sabela Recamán Meilán – Ceip Rosalía de Castro

Lucía López Gándara – Ceip Rosalía de Castro

Antón Jove López – Ceip Menendez Pelayo

Mateo López López – Ceip Casas

Elio Núñez Docabo – Ceip As Mercedes

Inés Méndez Seijo- Ceip Luis Pimentel

Alejandra Castedo Medina – Ceip Anexa

María Otero Chantres – Ceip Sagrado Corazón

O PERIODO DE RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO E PARA OS OBRADOIROS DE VERÁN PERMANECE ABERTO

A Tradescola ten aberto o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2017-2018 e para os obradoiros de verán, para facer a reserva, ou obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Centro Lug2 (Rúa Pintor Corredoira  Nº 4 ), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.gal

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×