PUBLICIDAD

Arde Lvcvs Cvltvral ADIADO

Fecha 18-12-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Vello Cárcere de Lugo.

O Arde Lvcvs Cvltvral, que organiza o Concello xunto ás asociacións de recreación histórica de Lugo, achegará ao Gustavo Freire a obra teatral Lex Oppia. Será o 18 de decembro, a partir das 20:30 horas, a cargo de Asemblearias Lucus Augusti.

Lex Oppia escenificiará a primeira movilización feminina da antigüidade. A súa orixe estaría no ano 215 a.C, ano no que debido á crise económica que sufría Roma, o Senado decidiu aprobar unha curiosa lei (Lex Oppia) que limitaba a ostentación pública de riquezas. Concretamente non permitía levar máis de media onza de ouro e prohibía levar vestidos de cores chamativos.

Esta lei, ao prinicpio, non foi obxecto de protestas, debido á situación de guerra e precariedade existente; pero unha vez a situación cambia e finaliza a guerra, e os xenerais vencedores volven ás súas casas coas mans cheas de riquezas, a bonanza volve ás arcas do estado e á poboación romana. Nesta situación, dous tribunos decidiron solicitar a derrogación da lex Oppia, xa que non tiña sentido prohibir a unha poboación enriquecida a exhibición do botín obtido na guerra.

Multitude de mulleres agloméranse diante do Senado, esixindo a derrogación da lei que se debatía, o rumor esténdese polas rúas de Roma e pouco a pouco, grupos de mulleres de todo tipo e condición están colapsando as entradas do Foro. As mulleres da liña máis alta son as que lideran a manifestación, presionando aos seus maridos para que voten a favor da derrogación da lei.

Pódese dicir que é a primeira mobilización feminina, non comparable coa de mulleres que séculos despois pediron o acceso ao voto e outros dereitos fundamentais pero estas mulleres do primeiro século transgrediron a norma establecida e esixiron o que crían que era delas.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×