O MIHL acolle mañá unha actividade de teatro para nenos e nenas de entre 0 a 4 anos organizado dentro da animación a lectura.
O programa de Animación á lectura e contacontos continúa con máis actividades para esta primaveira, novos contos e novos contadores que compartirán cos lectores máis pequenos divertidas e fantásticas histórias.
8 de maio de 2014 – 19:00h – Biblioteca Municipal
Os Contos de Pablísmo presentan: Rás!Contos batracios.
Dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e ten unha duración de 40 minutos.
15 de maio de 2014 – 19:00h – Biblioteca Municipal
Elefante Elegante presenta: Lobo bobo
Dirixido a maiores de 3 anos.
29 de maio de 2014 – 19:00h – Biblioteca Municipal
Polo Correo do Vento presenta: O misterio do pirata Benito Soto.
Dirixido a maiores de 3 anos.