Programación de Actividades de marzo de Bico de Grao.
Actividades mensuais:
IOGA
Luns de 17:00-18:00hr.
Imparte Donvina Millares.
Aportación 28 €/mes Grupo aberto a novas incorporacións.
(Promoción de 45€/mes asistindo tamén a Pilates, polas dúas actividades)
Só tes que traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.
CLASES MÉTODO HIPOPRESIVO LPF
Iniciación: Luns de 12:30-13:30hr. Grupo aberto a novas incorporacións.
Perfeccionamento: Xoves quenda de mañá de 11:10 a 12:10hr. ou quenda de tarde de 19:30 a 20:30hr.
Imparte Cristina Amil.
Aportación 28€/mes. É preciso traer esteira e roupa cómoda.
Infórmate no tlfno.: 644411138
DANZA DO VENTRE
Luns de 18:30 a 19:30hr.
Imparte Mónica
Aportación 30 €/mes.
É preciso vir con roupa cómoda e calcetíns gordiños.
Anímate a descubrir a Danza do Ventre!!
PILATES
Xoves de 17:00-18:00hr.
Imparte Donvina Millares. Grupo aberto a novas incorporacións.
Aportación 28 €/mes (Promoción de 45 €/mes asistindo tamén a Ioga, polas dúas actividades)
É preciso traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.
INICIACIÓN Á COSTURA CON MÁQUINA (NOVO)
Xoves de 17:00 a 19:00hr.
Imparte Fixenöeu.
Aportación 50€ curso completo. Pódese aboar a parte que se desexe en Xiríns, moeda do Primeiro Banco de Tempo de Lugo*
Duración 6 semanas. As clases serán os xoves 15 e 22 de marzo e o 5, 12, 19 e 26 de abril. É preciso traer máquina. En Bico de Grao contamos con dúas que se prestarán por rigoroso orde de inscrición.
Prazas limitadas. Inscricións ata o 12 de marzo.
ACTIVIDADES PUNTUAIS
MASTERCLASS DE IOGA DA RISA e CONCERTO-TERAPIA DE CUNCOS BIOSÓNICOS
Sábado 10 de marzo. De 11:00 a 13:00hr.
Imparten Nuram e Shanti.
Aportación 30€.
Impartirán unha sesión de Ioga da Risa na que se inclúe unha relaxación-sanación a través do son dos cuncos de cuarzos biosónicos.
Chámase Ioga da risa porque combina exercicios de risa con exercicios de respiración ióguica, o que aporta máis osíxeno ao corpo e ao cerebro, facéndoos sentir máis vitais e saudables.
Vide desfrutar desta experiencia única!
Inscricións ata o 8 de marzo. Prazas limitadas!
OBRADOIRO DE DEBUXO
Sábados 17 e 24 de marzo. De 11:00 a 13:00 e de 11:00 a 13:30hr.
Imparte @s.p.dzim
Aportación 36€ curso completo . Tódolos materiais incluídos. Idade mínima 13 anos.
Inscricións ata o 14 de marzo. Anótate axiña, prazas limitadas!!
Neste obradoiro aprenderemos as técnicas de grafito, lapis de carbón e sanguina (trazado e sombreado). Tamén veremos como se realiza unha composición e faremos exercicios de debuxo ao natural.
Trae ganas nós poñemos o resto!!