PUBLICIDAD

Actividades 25N de Xuventude

Fecha 21-11-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Xuventude de LugoLugo.

A área de Xuventude de Lugo informa das actividades de Xuventude  para conmemorar o 25N, así, haberá unha andaina xuvenil pola igualdade, o sábado 21 de novembro, ás 10:30 horas, con  saída dende os soportais da Praza Maior, coa guía turística Lidia de la Fuente. O  grupo será de máximo 6 persoas.

As inscricións realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome,  apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou  fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha  persoa adulta. 

A participación na andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por  rigorosa orde de inscrición: mozos de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración  responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar). Mozos de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo  (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que  estuda). Mozos de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes e sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de  prazas ofertadas en cada actividade. 

Ademais haberá espectáculos infantís-xuvenís co narrador oral Caxoto. 

  • 20 de novembro, no exterior da Casa da Xuventude. En xornada de tarde.  Micromachista eu? 
  • 21 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, no exterior do CEI-NODUS. Contos vellos,  novos finais 
  • 28 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, na Praza de Augas Férreas. Contos vellos,  novos finais 
  • 5 de decembro, de 12:30 a 13:30 horas, no Parque Rosalía de Castro. Contos vellos,  novos finais 

O número de prazas está estipulado para máximo de 50 e a entrada é libre ata completar aforo. 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×