Noticias de Hoy
Fecha: 23/01/2014 a 27/02/2014

50 aniversario da Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia

A Compilación do Dereito Civil de Galicia, publicada o 2 de decembro de 1963, acaba de cumprir o seu primeiro 50 aniversario. A súa aparición supuxo a consolidación lexislativa dun Dereito que ata entón só se puido manifestar a través do costume.

A exposición ’50 aniversario da Compilación de Dereito Civil de Galicia’ amosa a través de fotografías, documentos e libros –na súa maioría procedentes dos fondo da propia Biblioteca universitaria– os fitos fundamentais que explican a orixe, a razón de ser, o contido e as implicacións dun texto que “naceu sen vocación de grandeza e ao que o destino ten posto nun lugar destacado”, sinalan os seus promotores. Como depositaria “do principal legado bibliográfico e documental sobre o Dereito aplicado en Galicia ao longo da súa historia, a USC foi e continúa a ser o máis importante referente para calquera persoa interesada no Dereito galego”, explicou a profesora García Rubio, quen subliñou a importancia da Compilación, “nunca suficiente resaltada e valorada no noso contorno”.

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
(Desde o 23 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2014) - Entrada gratuíta

Web: www.deputacionlugo.org