43 Semana de Cine de Lugo

Fecha 20-09-2021 a 26-09-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A Semana de Cine de Lugo celebrarase do 20 ao 26 de setembro de 2021, baixo as restriccións que sexan precisas de acordo co que dispoñan as autoridades na materia de espectáculos públicos.

Será a través dunha carteleira con longas e curtametraxes procedentes dunha ducia de países, que poderán verse en seis espazos da cidade: Auditorio Gustavo Freire, Salón de Actos da Deputación, o Museo e a Biblioteca provinciais, o Vello Cárcere e o Vicerreitorado da Universidade.

Recibíronse un total de 1.474 filmes entre longametraxes e curtametraxes, entre os que se seleccionarán os que van ser proxectadas.

Destas 1.474 produccións, 1.286 recibíronse a través da plataforma Fest Home, 142 por Click For Festival e 46 de xeito directo: 34 a través dos Directores ou Produtores e 12 remitidas polos seus distribuidores.

923 producións son españolas, 42 proceden do Brasil, 39 de Francia, 38 da Arxentina, 36 de Chile, 19 de México e 11 de U.S.A.

Compre destacar que 29 produccións –longametraxes e curtametraxes-  corresponden a cine galego, o que permitirá unha presencia notable do cine deste país nesta XLIII Semana que organiza Fonmiñá, co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela-Campus de Lugo.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×